


Na segunda edición de BAICC, o Liaison of Independent Filmmakers of Toronto acolleu á cineasta Aitziber Olaskoaga. PMC – Principio Máquina de Coser foi a súa proposta realizada conxuntamente coa cineasta Pilar Monsell, elixida entre as case 30 propostas recibidas nesta convocatoria. O seu prototipo colaborativo, a SEE-W-ING MACHINE, é un dispositivo que combina un proyector de 16 mm e unha máquina de costura que lles permite coser e proxectar películas ao mesmo tempo. Elas son o Colectivo Prismáticas, e o resultado final deste traballo realizado ao longo de 5 semanas en Toronto puidose ver, en estrea mundial, durante a X Mostra de Cinema Periférico (2019).
Propiedades de una esfera paralela de Valentina Alvarado foi o proxecto seleccionado para ser desenvolto durante cinco semanas na Liaison of Independent Filmmakers of Toronto, Canadá. O resultado final será proxectado, en estrea mundial, durante o (S8) XI Mostra Internacional de Cinema Periférico, que terá lugar na Coruña do 27 de setembro ao 3 de outubro.
Durante esta XI edición, o (S8) anunciará a IV convocatoria de BAICC, na que, como cada ano, poderán participar todas aquelas persoas nadas ou residentes en España, cunha traxectoria artística acreditada, que desexen realizar un proxecto de creación cinematográfica en formato analóxico.