Por José Manuel Sande
A aparición masiva nos últimos anos de autores e propostas singulares alleas en moitos casos ás formulas tradicionais do cine realizado en Galicia, combinado cos cambios sucedidos no entorno global, permiten proteicas reflexións sobre os elementos que facilitan este novo panorama ao tempo que contemplan a aparición de varias figuras influintes. Neste contexto, sen dúbida, un dos autores fundamentais que exemplifica a vertente máis radical desta mutación de tendencias é Alberte Pagán (O Carballiño, 1965), un dos creadores galegos homenaxeados na vixente edición de (S8).
La riqueza de su producción emana de las decisiones expresivas. La subversión de toda representación tradicional; la planificación estática; las unidades de duración y los planos sostenidos; el propio concepto como elemento capaz de articular la propuesta; la reivindicación del encuadre como figura tutelar; la progresiva convivencia de rigor y azar; el serialismo y la repetición; la fisicidad palpable; el potencial de las dimensiones espacio-temporales. Buen conocedor de un momento histórico, los años 60-70, en el que evolucionan obras extremas tan versátiles como las de Michael Snow, Jonas Mekas, Bruce Conner, Malcolm Le Grice, Peter Kubelka, Ken Jacobs o Stan Brackhage, lejos de servir de refugio contextual o histórico, el cine de Pagán permite resaltar su singularidad, eclecticismo y riqueza visual. Un cineasta lleno de pasión y erudición, instructivo, por lo demás muy próximo a sus lectores y espectadores.
Experto en cine experimental, avalado en primeiro lugar por ensaios e publicacións como Introducción aos clásicos do cinema experimental (1999), Imaxes do soño en liberdade. O cinema de Eugenio Granell (2003) ou A mirada impasíbel. As películas de Andy Warhol. Primeira parte (2007), Pagán firma suxestivos artigos sobre Iván Zulueta e o cinema estadounidense experimental da etapa dos Novos Cines (memorable o artigo incluido no volume Dentro y fuera de Hollywood) á vez que procura múltiples e frutíferas viaxes e amplia a súa actividade en diversas direccións. Docente, tradutor de Joyce, activista, favorecido pola efervescencia do formato dixital –logo de posuir desde os anos 90 do século pasado unha cámara de 16 mm coa que non chega a ter resultados por resultar caro e complicado-, comeza a desenvolver unha notable obra como cineasta, sempre fiel aos seus postulados.
Autor nos seus comezos de Como foi o conto (2004) e Os Waslala (2005), unha curta impregnada de elementos materialistas, unha lúcida aposta, a longametraxe Bs. As. (2006), inmediatamente presente en prestixiosos festivais -seleccionada para a sección Llendes do 44ª Festival de cine de Xixón e para Punto de Vista de Pamplona ou o festival de Las Palmas-, filtra un elaborado esforzo polo que transcurren nocións valiosas como vangarda, identidade ou non-lugar. Ubicado desde entón como francotirador absoluto e moi capaz de executar a distinción entre cine e industria dentro do mapa creativo nacional, Pagán prosegue con firmeza as súas exploracións. En Pó de estrelas (2007) abre un pouco máis a espita da difusión por meido dunha peza medida que reconta o universo enteiro grazas a un calculado proceso de mestura de imaxes publicitarias, científicas e históricas.
Tanyaradzwa (2009), premiado no certame especializado Play-Doc de Tui, aparece como un traballo de non ficción experimental, rodado de xeito independente en Zimbawe. Como ben indica o seu autor, un retrato a medio camiño entre un screen test de Warhol (efluvios da excelente monografía publicada en Positivas) e a plasmación dun busto parlante confesional, a muller de Zimbawe que lle dá nome á película, marcada polo sistemático uso da pantalla dividida. En A pedra do lobo (2011), primeiro proxecto polo que solicita e obtén unha axuda pública –modalidade de Talento, un campo de experimentación persistente consecuencia das axudas máis rendibles da historia da autonomía-, o legado experimental integrase nunha ficción a modo de viaxe existencial pola que peregrinan as pisadas de Warhol, Duras, José María Zabala ou Bergman. O uso musical, a reiteración, o happening, a metanarración, o recitado e a oralidade dominante, as superposicións, un dispositivo complexo integrado nunha trama narrativa, conxuntan e vertebran posibles novos camiños neste filme. Na súa fusión de compoñentes e cuestionamento de códigos e categorías, Pagán nunca elude a vertente militante, moitas veces en curiosa simbiose entre o panfleto e a iconoclastia, xa sexa no seu paso por lugares como o Sahara (Asahra Hurratun, 1999-2009) ou Palestina (Unha película por Palestina, 2012).
A exemplar curta Eclipse (2010) recolle mito, serialidade e manipulación da imaxe engadindo un pracenteiro sentido lúdico. Pagán recupera as imaxes dunha vida na longa A quem se lhe conte (2002-2011), regreso aos terreos da indagación formal máis pura, así como do espazo politico simbólico (os sucesos en torno ao Prestige).
A riqueza da súa produción emana das decisións expresivas. A subversión de toda representación tradicional; a planificación estática; as unidades de duración e os planos sostidos; o propio concepto como elemento capaz de artellar a proposta; a reivindicación do encadre como figura tutelar; a progresiva convivencia de rigor e azar; o serialismo e a repetición; a fisicidade palpable; o potencial das dimensións espacio-temporais. Bó coñecedor dun momento histórico, os anos 60-70, no que evolucionan obras extremas tan versátiles como as de Michael Snow, Jonas Mekas, Bruce Conner, Malcolm Le Grice, Peter Kubelka, Ken Jacobs, Stan Brackhage, lonxe de servir de refuxio contextual ou histórico, o cine de Pagán permite resaltar a súa singularidade, eclecticismo e riqueza visual. Un cineasta cheo de paixón e erudición, instructivo, polo demais moi próximo aos seus lectores e espectadores.