MARÍA MESEGUER. 9/10(S8)

ACTIVIDADES PARALELAS

MARÍA MESEGUER. 9/10 (S8)

EXPOSICIÓNS

Nove de dez: esas son as edicións que a fotógrafa María Meseguer leva retratando o (S8) cunha mirada persoal, atenta e sensible. Máis alá da simple documentación do evento, Meseguer conseguiu xerar unha obra con entidade e estilo propios, en perfecta sintonía co espírito da Mostra dende a edición de 2011.

Imaxes que transmiten a calor do momento, illando e destilando a súa esencia. Respectando a escuridade da sala de cine e aproveitando o resplandor dos proxectores, Meseguer captou unha colección de imaxes onde a composición e o emprego da luz as converten en fotografías que funcionan máis alá do evento. Un
labor que se estende tamén a unha serie de retratos dos cineastas convidados que reúnen o valor da instantánea e a improvisación coa creatividade da súa mirada e a complicidade cos retratados.

Dende os noventa, María Meseguer, madrileña asentada en A Coruña, leva construíndo unha sólida traxectoria na que hai espazo para os traballos persoais e para a documentación de distintas institucións e eventos. Este último labor dentro da Mostra repásase na exposición 9/10 (S8), da que tamén deriva un libro do mesmo nome. A selección divídese en dous grandes temas: retratos e salas.
Poñendo en primeiro plano a imaxe en si mesma, o personaxe retratado e o momento que supuxo para o festival. O percorrido salta a cronoloxía para destacar a afinidade estética entre as fotos, formando parellas ou secuencias e, de paso, creando unha nova forma de transitar estes anos de festival.

Onde: Sala de exposicións PALEXCO
Fechas: Do 30 de maio ao 9 de xuño.
Inauguración e presentación do libro 9/10 (S8): 30 de maio ás 20 h.
Horario: De 12 a 14 e de 16.30 a 21h.