BILL BRAND. MASTER CLASS

ACTIVIDADES PARALELAS

BILL BRAND. MASTER CLASS

A PRESERVACIÓN DO CINE E O IMPULSO CREATIVO

Image module
  • O artista multidisciplinar Bill Brand é ben coñecido polo seu traballo na conservación de películas en super 8 e noutros formatos de cine de paso estreito. Nesta charla, Brand falará dos métodos cambiantes que foi empregando na restauración de películas en super 8, así como das necesidades e desexos que impulsan, constitúen e nutren tanto o seu traballo como restaurador, como o seu traballo como cineasta a través dos distintos formatos; de como o seu traballo como restaurador de cine e a súa obra como artista nos campos do cine, o vídeo, a fotografía, o debuxo, a pintura e a instalación xira arredor das mesmas cuestións epistemolóxicas. Deste xeito ilustrará como, dende os setenta, as ferramentas dixitais se foron entrecruzando cos seus métodos de traballo analóxicos. Finalmente, tamén dará unha serie de recomendacións para artistas arredor dos pasos a seguir para preservar as súas propias obras nestes tempos que vivimos de constante proliferación e transformación de medios.

     

    Venres 07/06 | 11:30 h | Afundación Sala de Prensa