A FLOR DO DÍA #2

FLORES ATOPADAS

Martes 29 de Setembro | 18:30 h | s8cinema.com

A flor do día é o nome co que bautizamos unha serie de programas en streaming ao redor do tema desta edición: o xardín segredo e a primavera que non vivimos, pero que recuperamos nesta edición de outono. En cada sesión d’A flor do día veremos un pequeno ramallete de pezas de diversos cineastas que traballan ao redor das cores e o mundo vexetal, precedido dunha presentación rodada en distintos recantos da Coruña.

Un ramallete de flores rescatadas: o collage en movemento de Julieta Aberbuj, o intricado xardín “catódico” (botánico e emocional) que constrúe Janie Geiser no seu collage animado de negativos esquecidos, antigas ilustracións e gravacións caseiras, e o perturbador filme de found footage de Julie Murray.

  • PLANTAS TREPADORAS | Julieta Averbuj, 2013, 35mm, 2 min.

  • CATHODE GARDEN | Janie Geiser, 2015, video, 8 min.
  • I BEGAN TO WISH… | Julie Murray, 2003, 16mm, 5 min.