CATÁLOGO (S8) 2026
Podes descargalo aquí.
CALENDARIO (S8) 2026
Podes descargalo aquí.
ENTRADAS
- Entrada libre a todas as sedes ata completar o aforo.
- O acceso será por rigurosa orde de chegada a cada unha das sesións programadas.
- Para entrar á sala será indispensable gardar turno na cola que corresponde ao acceso a cada sesión, unha por unha.
- Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.
SEDES
(S8) Mostra de Cinema Periférico, ten lugar en A Coruña. Cidade con grande tradición cinematográfica, na que se realizou a primeira filmación en España co cinematógrafo dos irmáns Lumiére. (Entierro del General Sánchez Bregua, José Sellier, 1897). Situada no Noroeste da Península Ibérica, A Coruña, Balcón do Atlántico, é unha cidade milenaria, atlántica e cosmopolita, onde o océano foi protagonista dos seus máis de 2.000 anos de historia. A Coruña é unha cidade de infinitas posibilidades. Da máis tranquila paisaxe mariña ás súas rúas vitais, iluminadas polo sol ou o neon. Desde voces que proclaman existencias nos postos de peixe e marisco ata os paseos pola Cidade Vella, polo Paseo Marítimo ou polas súas praias de areas finas e brancas. Con lugares para o ocio e espazos naturais onde gozarmos de vistas e paisaxes espectaculares. Desde arte e museos, pasando por restaurantes, tascas, pubs e bares ata discotecas, o casino e os recitais de música clásica. A Coruña é unha cidade onde o lecer e a cultura fúndense para dar como resultado apaixoantes percorridos.
CANTONES CINE
Empresa familiar galega que aposta polo cinema, abarcando un amplo abanico de espectadores e temáticas que van desde as películas con temas infantís, de animación, pasando por películas comerciais até a proxección de películas de autor e en versión orixinal.
FILMOTECA DE GALICIA
Filmoteca galega, de eminente labor no campo da recuperación, catalogación e custodia das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, así como da difusión da cultura cinematográfica universal en Galiza.
DOMUS
A Domus é un museo interactivo dedicado de forma global e monográfica ao ser humano que tamén conta cunha ampla sala de cinema. Atópase nun edificio obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e César Portela. A fachada que dá ao paseo marítimo cúrvase como a vela dun barco ao vento ofrecendo dita imaxe á cidade.
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
A Fundación Luís Seoane está situada nun antigo cuartel rehabilitado e inaugurado en maio de 2003. Ademais de investigar e divulgar a obra e o legado intelectual de Seoane, a Fundación desenvolve unha grande variedade de proxectos en torno á cultura e o pensamento contemporáneos.
