Que é eSe8_LAB?

eSe8_LAB constitúe unha nova etapa na dimensión formativa e de impulso, apoio, investigación e desenvolvemento de proxectos cinematográficos pola que aposta o (S8). Unha etapa na que se consolidan e amplían proxectos previos, de profesionalización, titorización, residencias artísticas e formación, respectivamente, como son, INPUT – Espazo de Titorización Personalizado de Proxectos Cinematográficos en Desenvolvemento, BAICC – Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica, PARAÍSO – Encontro de estudantes de Belas Artes OBSERVATORIO – Xornadas profesionais; e aos que se lle suman as novas Bolsas ese8_LAB para o desenvolvemento de proxectos cinematográficos nunha institución de prestixio en Europa.

Con eSe8_LAB, estas iniciativas de probado éxito, que responden a unha necesidade do sector para un tipo de cinema de difícil distribución, acolle hoxe un maior número de obras por ano e mellora cualitativa e cuantitativamente a repercusión das mesmas e a súa transcendencia no panorama internacional.

Organiza:

Colaboran:

Coa financiación de: