PARAÍSO – ENCONTRO DE ESTUDANTES DE BELAS ARTES

Se entendemos que o cinema é unha arte (e así o cremos desde a Mostra), onde se han de plantar as súas sementes é entre os futuros artistas. Así nace a sección Paraíso, un encontro entre estudantes de Belas Artes que empezan a experimentar coas posibilidades da imaxe en movemento, un lugar exuberante de descubrimento no cal atoparse e recoñecerse.

EDICIÓNS ANTERIORES

O (S8) abriu en 2021 un novo espazo ao ensino e á nova creación desde a perspectiva da formación artística, incidindo no enfoque multidisciplinar e libre das Belas Artes. Unha alianza coa Universidade que nace coa idea de sinalar e abrir novos camiños no futuro da imaxe en movemento.

Así, a Mostra convidou o alumnado da Universidade de Belas Artes de Conca para participar activamente no programa, así como á Universidade de Belas Artes de Pontevedra, facendo coincidir ás novísimas artistas galegas co estudiantado artístico doutras partes do Estado, e servindo de espazo de visibilización dos seus traballos inéditos, de debate das súas visións, os seus obxectivos e as súas reivindicacións para o campo audiovisual.

EDICIÓN 2021

Quen son? Auto-etnografías fílmicas de artista ofreceu un emotivo traxecto a través de seis películas persoais realizadas por estudantes da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Estas son Laura Cid Rascado, Marta Gil Silva, Valeria Martínez e Raquel Álvarez, Lili Lago, Claudia Pineda e Tamara Goberna.

O festival (S8) Mostra de Cinema Periférico quixo servirlles de espazo iniciático a través do cal inscribirse no contexto do cinema experimental. Esa mirada artística da que parten facilítalles crear as súas obras desde a liberdade da súa condición. Por iso, as súas miradas son autorais, íntimas, entenden o cinema como unha forma de coñecemento artístico equiparable á fotografía, a instalación, a performance ou a pintura: as disciplinas que tamén exploran ao longo da súa carreira universitaria. Aproxímanse á linguaxe audiovisual desde o plástico, o escultórico ou o performativo, ou se definen como videoartistas e en xeral descoñecen a escena do cinema de vangarda. Por iso esta invitación ao (S8) é necesaria e oportuna.

Tanto é así, que o resultado desta plataforma de visibilización fíxose patente na súa primeira edición na selección da curtametraxe de Claudia Pineda no 2COOL4SCHOOL do Festival de Cannes, onde presentou a súa obra EL VIAJE, inmediatamente despois da súa estrea no (S8).

EDICIÓN 2022

O que comezou en 2021 como unha mostra/encontro entre estudantes de Belas Artes que empezan a experimentar coas posibilidades da imaxe en movemento (guiados por docentes de sensibilidade excepcional) consolidouse en 2022 como unha sección máis do (S8) e fíxoo baixo o nome Paraíso. A pasada edición de 2020 contamos coa complicidade das Facultades de Belas Artes de Vigo e de Salamanca. 

Participaron da Universidade de Salamanca coas súas respectivas pezas: María Marlen, Sara Díaz, Natalia Pérez Novo, Lidia Rodríguez González, Lydia Paredes Vázquez, Verónica Alvez e Mirian Opazo. Por parte da Universidade de Vigo puideron presentar os seus traballos: César Souto, Andrea Núñez Pidre, Candea Conde, Maruxa Alonso Gago, Elio Salgueiro, Andrea San Miguel e Clara Borrazás.

O resultado desta plataforma de visibilización está patente nos éxitos obtidos por algunhas destas pezas logo da súa Estrea Mundial no festival: O MARCO de Lydia Paredes Vázquez foi seleccionada no centro de arte contemporánea DOMUS ARTIUM para participar na Expo colectiva de estudantes de fin de grao; MEAT de Lida Rodríguez González  foi  galardoada  na XXV  Edición dos premios San Marcos como mellor obra audiovisual dun estudante de Belas Artes; RETRATOS DO SILENZO  de Miriam Opazo foi galardoada na XIII edición do certame Mocidade Crea 2022 a mellor Videocreación.

EDICIÓN 2023

En 2023 o (S8) ampliou ao ámbito internacional a súa sección Paraíso, coa inclusión de alumnado de Francia e Italia. Volveron formar parte desta sección as Facultades de Belas Artes de Salamanca e Pontevedra. 

Todas elas trouxeron, a través de convocatorias abertas, traballos dos novísimos artistas, que foron presentados polos seus autores, ante unha audiencia profesional internacional na Mostra. Paraíso crea, polo tanto, un contexto de intercambio entre o alumnado e estes profesionais de prestixio internacional.

Pero ademais, a edición de 2023, supuxo a apertura a un espazo de asesoramento profesional, no que o alumnado recibíu, nunha sesión intensiva de 4h, titorización personalizada e directa por parte de profesionais de recoñecida traxectoria, como Benjamín Ellemberger (Arxentina), Giuseppe Spina (Italia), Giulia Mazzone (Italia), Albert Alcoz (España) e María Cañas (España).

EDICIÓN 2024

A pasada edición de Paraíso incluíu unha sesión conxunta o venres 7 ás 11h na que o alumnado das Universidades de Vigo e Salamanca estrearon as súas pezas na Filmoteca de Galicia presentándoas en persoa ante un público internacional.

Pero ademais, ese ano o (S8) ofreceu ao alumnado participante en Paraíso a oportunidade exclusiva de realizar un taller práctico da man de tres dos artistas de Canadá máis destacados no seu eido: Franci Durán, Phil Hoffman, Rhayne Vermette e Robin Riad. Unha exploración práctica das técnicas de animación sen cámara, como a raspadura, a pintura, o collage, o debuxo e o fitograma sobre película de 16 mm. Presentáronse as técnicas e despois creouse unha obra colaborativa e dinámica de imaxes en movemento que se exhibíu nas proxeccións vespertinas.

EDICIÓN 2025

Neste edición repetiron experiencia as facultades de Belas Artes das universidades de Vigo (campus de Pontevedra) e Salamanca, á que se sumou por primeira vez a Universidade Complutense de Madrid, con cinco obras seleccionadas.

Habitar todos os mundos posibles, Un crisol de escintileos e Reparar a dor. Esos son os títulos baixo os que se agrupan as películas de cada unha das tres facultades participantes en Paraíso. Foron en total catorce pezas —cinco de Pontevedra e cinco de Madrid, e catro de Salamanca— que foron proxectadas coa presenza das autoras e autores e de programadores internacionais o venres 6 de xuño ás 11 da mañá na Filmoteca de Galicia. Ademais desta proxección, os estudantes tiveron a oportunidade de asistir á masterclass que Carlos Castillo ofreceu o sábado 7 pola mañá sobre o cine de vangarda venezolano. Xa o domingo, último día da Mostra, participaron dun encontro entre estudantes e artistas no que puideron poñer en común a experiencia vivida no (S8).

EDICIÓN 2026

Nesta nova edición de Paraíso participará o alumnado das Facultades de Belas Artes das universidades de Vigo (campus de Pontevedra), Salamanca e Complutense de Madrid.

El paraíso del fotograma expandido, Memoria, desarraigo y mitoDe lo personal a lo universal son os tres programas de películas, un por cada universidade, que se presentarán o venres 5 de xuño ás 11h na Filmoteca de GaliciaEses son os títulos baixo os que se agrupan as películas de cada unha das tres facultades participantes en Paraíso. Son en total quince pezas —seis de Pontevedra, cinco de Salamanca e catro de Madrid—.

Ademais desta proxección, os estudantes poderán asistir á masterclass «Fundar una cinemateca, fundar un nuevo canon» sobre a Kinothek Asta Nielsen que desde 1999 difunde, documenta e investiga desde Alemaña o cine realizado por mulleres e a cultura cinematográfica queer.

Xa o domingo, último día da Mostra, o alumnado de Paraíso participará dun encontro entre estudantes e artistas no que poderán poñer en común a experiencia vivida no (S8).