BAICC RESIDENCIA ARTÍSTICA INTERNACIONAL DE CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA

En 2017 puxéronse en marcha, impulsadas polo (S8) Mostra Internacional de Cinema Períferico de A Coruña, as primeiras Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica – BAICC, abindo un proceso de selección para participar nunha residencia artística de produción dunha peza de creación cinematográfica rodada en formato analóxico (35mm, 16 mm, 8mm ou super 8) en Toronto (Canadá); Un proxecto moi desexado polo (S8) que se víu materializado grazas ao apoio de Acción Cultural Española (AC/E) e o Liaison of Independent Filmmakers of Toronto (LIFT), reafirmando a forte aposta da Mostra pola formación e a creación artística en espazos alternativos.

LIFT é unha organización de prestixio internacional sen ánimo de lucro, fundada en 1981, dirixida por artistas e adicada a potenciar a excelencia na creación cinematográfica a través da formación, a facilitación de recursos técnicos e de produción e na difusión de creacións neses formatos.

AC/E – Acción Cultural Española ten como obxectivo, entre outros, a organización e execución das exposicións, eventos e iniciativas de difusión e promoción das culturas de España e os profesionais vinculados a elas, que contribúan á súa proxección internacional e á creación de redes entre profesionais e institucións.

As Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica – BAICC teñen como obxectivo continuar unha liña de traballo e investigación que procura a apertura de novos camiños para os creadores emerxentes, facilitando a creación de vías de intercambio cunha institución de relevancia internacional como o é a LIFT-Liaison of Independent Filmmakers of Toronto.

OBXECTIVOS, CAPACIDADE TRANSFORMADORA E PERSPECTIVA DE XÉNERO

BAICC é a única residencia internacional de creación cinematográfica en España.

O seu nacemento veu motivado polo desexo de ter no noso país un tipo de residencia artística para ese cinema que investiga novas linguaxes cinematográficas. É, pois, unha residencia que impulsa un cine máis artístico e autoral, que abre novas vías, brindando a posibilidade a un/unha cineasta español/a de desenvolver un proxecto nun entorno internacional exclusivo. Unha oportunidade realmente única.

Os resultados da residencia estréanse no (S8), o que da a oportunidade ao seu autor/a de presentar a súa obra ante o público internacional da Mostra e interactuar con él. O (S8) xera así o seu propio contido, ao programar o proxecto resultante destas residencias, á vez que potencia e apoia os novos talentos tanto económicamente como na súa traxectoria futura, dándolle un crédito como parte da programación do (S8) cara a que miran cada ano un gran número de entidades, eventos e profesionais de todo o mundo.

A selección de BAICC sempre foi paritaria: cun total de 3 cineastas mulleres e 3 cineastas homes.

O emprazamento desta residencia en Canadá, ofrece a oportunidade ás persoas beneficiarias de acceder a outras comunidades, así como abrir un espazo en novos entornos de traballo, e enriquecer así tanto á/ao beneficiario como ao entorno que habitará.

HISTORIAL

Tras unha exitosa primeira convocatoria con máis de 15 propostas recibidas, Relieves de Tono Mejuto foi o proxecto seleccionado a desenvolver durante cinco semanas no Liaison of Independent Filmmakers of Toronto. O resultado final puidose ver, en estrea mundial, durante a IX Mostra de Cinema Periférico (2018). A proposta presentada versaba ao redor da cidade e os seus ‘relieves’. Desde o pranteamiento de un rodaje y proyección cinematográfica estereoscópica en 16mm, se proponía un cine de observación, de pulso y ritmo. Un viaje alrededor de la vida del downtown de Toronto durante algunos días de invierno.

Na segunda edición de BAICC, o LIFT acolleu en Canadá á cineasta Aitziber Olaskoaga. PMC – Principio Máquina de Coser foi a súa proposta conxunta con Pilar Monsell. Elas son o Colectivo Prismáticas, e o seu prototipo colaborativo, a SEE-W-ING MACHINE, é un dispositivo que combina un proxector de 16 mm e unha máquina de costura que lles permite coser e proxectar películas ao mesmo tempo. O resultado final deste traballo realizado ao longo de 5 semanas en Toronto púidose ver, en estrea mundial, durante o (S8) X Mostra de Cinema Periférico, que tivo lugar na Coruña do 31 de maio ao 9 de xuño de 2019.

Propiedades de una esfera paralela de Valentina Alvarado foi o proxecto seleccionado para ser desenvolvido durante cinco semanas no LIFT (Canadá) na terceira convocatoria de BAICC. O resultado final foi proxectado, en estrea mundial, durante o (S8) XI Mostra Internacional de Cinema Periférico. Un traballo en 16mm en dobre proxección, no que a frialdade da paisaxe canadense é sometida a unha serie de experimentos que a tropicalizan. Por medio de espellos, pintura, lume, paisaxes recortadas e diversos xogos ante a cámara (xogos que se interpelan mutuamente na dobre proxección), Alvarado parece tentar construír un fogar portátil, ou mesmo cuestionarse que é o que realmente constitúe para ela ese lugar incerto.

Frame Manoeuvres to Port de Bruno Delgado, do cal puidemos coñecer un adianto no (S8) XII Mostra Internacional de Cinema Periférico, foi o proxecto finalista da IV Convocatoria de BAICC. Debido ás restricións derivadas da covid, o proxecto foi desenvolvido en setembro de 2021 e estreado na XIII edición do (S8), que tivo lugar na Coruña do 27 de maio ao 5 de xuño de 2022. Frame Manoeuvres to Port é unha proposta performativa que pon en paralelo unha exploración territorial e outra exploración sobre os propios dispositivos de filmación e de proxección, destacando o propio encadre como marco da película a través dun diálogo entre a paisaxe portuaria de Toronto e o da Coruña. 

Na súa V convocatoria, aberta en maio de 2021, BAICC seleccionou como finalista El sonido de las imágenes, un proxecto de Laura Moreno Bueno. Durante cinco semanas de febreiro e marzo de 2022, Moreno puido desenvolver no LIFT de Toronto o seu proxecto: unha performance cinematográfica en 16mm que utiliza micrófonos fotosensibles para traducir as imaxes a sons. O resultado do seu traballo puido verse no (S8) XIII Mostra Internacional de Cinema Periférico: do 27 de maio ao 5 de xuño de 2022, xunto á presentación do traballo de Bruno Delgado. Dous proxectos de BAICC, correspondentes á súa IV e V convocatoria, foron por tanto presentados o pasado ano en Estrea Mundial na décimo terceira edición do (S8). Celebración que incluíu tamén a apertura da súa VI convocatoria.

Durante o (S8) XIV Mostra de Cinema Periférico tivo lugar a estrea da peza de Álvaro Feldman Torontontero, beneficiaria das residencias BAICC na 6ª convocatoria. Feldman explorou as posibilidades do copiado óptico e distintas técnicas de revelado manual para conseguir unha diversidade de estruturas coas que construír a película, filmada en Toronto. Unha película o máis reversible posible que dese lugar a un mapa de imaxes que se repite infinitamente pero nunca da mesma maneira. Na performance resultante, Feldman continuou fragmentando e expandindo as imaxes, buscando descentrar a mirada para que puidese desprazarse libremente entre os múltiples encadres e reconstruír a película en cada momento, sen principio nin fin.

Latitude Mesh de Agnès Hayden, foi o proxecto elixido na 7ª convocatoria de BAICC. En setembro de 2023, Agnès Hayden viaxou a Toronto para traballar nas instalacións do LIFT, no seu innovador proxecto enfocado na investigación da emulsión fotoquímica artesanal. Unha película que pon en diálogo distintas emulsións fotosensibles: Kodak Tri-X, película de alto contraste Kodak 3378 e unha emulsión propia, creada artesanalmente. Unha profunda investigación nas magnitudes físicas da película, marabillosamente expresada, que tivo a súa estrea mundial no (S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico, que tivo lugar na Coruña entre o 31 de maio e o 9 de xuño de 2024.

TORTUGA [pasaje cromático #4] de Brenda Boyer foi o proxecto elixido a pasada convocatoria de BAICC. En setembro de 2024, Brenda viaxou a Canadá para rodar nos parques urbanos de Toronto aplicando os principios da separación cromática e construír, coa axuda da optical printer do LIFT, unha película na que a contorna natural vibra a través da luz, abrindo un espazo de misterio no seu interior. A film performance resultante desta residencia puido verse no XVI (S8) da Coruña.

Béal, de Juana Robles é o último dos proxectos impulsados por BAICC. Béal («boca» en gaélico) é unha exploración cinematográfica das historias entrelazadas, as comunidades e a vida cotiá en Cabbagetown e Regent Park en Toronto. Baseado na súa historia compartida de inmigración irlandesa durante a Gran Fame negra Irlandesa, o filme reflexiona sobre como estes barrios foron moldeados por ciclos de pobreza, vivenda social, xentrificación e reurbanización. Béal debutará en xuño de 2026 na Coruña, no contexto do XVII (S8).

Nesta próxima edición da Mostra abrirase a X convocatoria de BAICC, que permanecerá aberta a todas aquelas persoas que queiran presentar os seus proxectos, até o 28 de xuño de 2026.

SEGUIMENTO E TRAXECTORIA DOS PROYECTOS BENEFICIARIOS DE BAICC

O seguimento do proceso é constante. Realízanse durante a residencia 2 entrevistas: unha durante a creación da obra e outra na súa presentación no (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico. A presentación supón presumiblemente unha apertura a novas oportunidades, tanto directas (cos profesionais que acoden) como indirectas, a través do descubrimento da obra resultante de BAICC por parte de programadores de todo o mundo que miran cara á Mostra e a súa programación cada ano.

É o caso, por exemplo, de PMC- Proxecto Máquina de Coser do Colectivo Prismáticas, proxecto BAICC 2018, que tras o seu paso polo festival (S8) foi seleccionado por CA2M – Centro de Arte 2 de Mayo dentro do programa Cine Revelado, e, recentemente programado no MOMI de Nova York dentro da Mostra The Never Ending Screen of Val do Omar en marzo de 2023. 

,Así mesmo, Relieves, proxecto da primeira edición, de Tono Mejuto formou parte da colección do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa despois de ser presentado no festival.

Propiedades dunha esfera paralela, proxecto de Valentina Alvarado beneficiario de BAICC en 2019, foi programado en Loop Barcelona, Xcèntric – CCCB, Filmoteca de Catalunya, A Escocesa de Barcelona, Los Angeles Film forum, e o Museum of Moving Image (MoMI) e Anthology Film Archives (NY) en 2023, dentro do programa “Colección privada. La escena de Super 8 y 16 mm en España”. Tamén formou parte do ciclo RAÍCES AFUERA. CICLO DE PERFORMANCE DE ART MADRID’25.  

Frame Manoeuvres to port, de Bruno Delgado, proxecto  proxecto BAICC 2020 estrenado en 2021 na Mostra, participou en 2022, en: PRISME Argentique du futur (MIRE), Nantes; EXF F. Tage des experimentellen films Frankfurt; En 2023, no Anthology Film Archives (New York); Zumzeig Cinema (Barcelona), CINETECA Madrid, Centre for Contemporary Arts (Glasgow); EXiS Experimental Film and Video Festival en Seúl; PESARO Film Festival (Pesaro, Italia); LIGHTFIELD, comisariado por Trisha Low (San Francisco); e en 2024, en Mono No Aware (New York).

El sonido de las imágenes de Laura Moreno Bueno, despois da súa estrea no (S8), foi programada en Filmadrid 2022, Images Festival, Pasajes Filmadrid e PROYECTOR Platform.

Pola súa banda, Torontontero, a peza de Álvaro Feldman beneficiaria das residencias BAICC na súa 6ª convocatoria, foi exhibida no mes de setembro no exf f. – tage des experimentellen films Frankfurt.

Latitude Mesh, de Agnès Hayden pasou, despois da súa estrea na Coruña en xuño de 2024, polos festivais: Beijing International Short Film Festival (Beijing, China, 2024), Elevation Film Fest (Cornwall, UK, 2024), Peripheries Film Fest (Chicago, EUA, 2024), Intermediaciones (Medellín, Colombia, 2024), Sorigrim Experimental Film & Documentary Screening (Seoul, South Korea, 2025) e Experiments in Cinema (Albuquerque, NM, EUA).

.

Ademais da súa peza, Hayden tivo a ocasión, igual que Bruno Delgado en 2021, e Feldman en 2023, de realizar en Canadá unha proxección da súa obra ante un público exclusivo de filmmakers de Toronto, na Galería Pix Filme, institución colaboradora do LIFT e do (S8), o que supuxo unha ocasión única de proxección internacional e feedback con artistas internacionais.

A última das pezas BAICC estreadas, TORTUGA [paisaje cromático #4] pasou polo XI Festival Directed by Women Spain no programa ‘Tocar el cielo con los ojosc II. Sesión de piezas experimentales’ e despois viaxou a Canadá xunto a outras pezas BAICC no Tour organizado polo (S8) en colaboración con AC/E, o LIFT e a Embaixada de España en Canadá.

XIRA CANADENSE BAICC ON THE ROAD

O pasado outubro fixemos realidade por fin un proxecto longamente esperado: o Programa BAICC on the road que supuxo a estrea en Canadá de varias das co-producións hispano-canadenses resultado das nosas Residencias Artísticas de Creación Cinematográfica – BAICC.

Ao longo dos 8 anos que se leva celebrando a residencia, os beneficiarios foron acollidos no LIFT – Liaison of Independent Filmmakers of Toronto, onde realizaron as obras que posteriormente estrearon no (S8) da Coruña. Até o momento, ningunha destas películas fora presentada onde se xestou: en Canadá. Finalmente, o pasado mes de outubro, estas estreas puideron ter lugar en Toronto coa presenza dalgúns dos seus autores.

Un programa que incluíu dúas sesións: unha de películas (con Relieves de Tono Mejuto, 2018; El sonido de las imágenes de Laura Moreno, 2024; Latitude Mesh de Agnès Hayden, 2024; e Propiedades de una esfera paralela de Valentina Alvarado, 2020) e outra sesión de film performance (con TORONTONTERO de Álvaro Feldman, 2023 e TORTUGA [pasaje cromático #4] de Brenda Boyer, 2025, proxectadas polos seus autores). Estas sesións celebráronse cun gran éxito de público que encheu o mítico espazo da contracultura en Toronto Cinecycle grazas á colaboración do Canadian Filmmaker Distribution Centre (CFMDC), que acolleu estas actividades. 

Ademais destas estreas, realizáronse encontros con cineastas e programadoras no TIFF LIGHTBOX (dentro do programa Wavelengths, do Toronto International Film Festival), no Innis College – Cinema Studies of Toronto, e con estudantes e docentes no TMU – Toronto Metropolitan University. Image Center Of Arts At Creative School.

BAICC on the road gozou dunha acollida máis que cálida e puxo de manifesto até que punto a nosa extensa colaboración coa comunidade canadense deu como resultado un segundo fogar para o (S8). Tamén evidenciou como esta colaboración está a servir de impulso para unha xeración que se está impregnando de certas prácticas e coñecementos adquiridos nas nosas residencias. Un caldo de cultivo do que somos parte e que foi configurando unha renovada escena do cinema experimental no noso país que chama a atención da que foi a comunidade referente do cinema de vangarda internacional.

 

O éxito do programa trouxo tamén, por tanto, a satisfacción de comprobar que o (S8) e as nosas residencias BAICC serven eficazmente á promoción internacional do noso cinema.

BAICC – Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica están coorganizadas xunto a Acción Cultural Española (AC/E) e LIFT-Liaison of Independent Filmmakers of Toronto e forma parte de eSe8_LAB, o noso espazo de formación, impulso, apoio, investigación e desenvolvemento de proxectos cinematográficos.

BAICC on the road contou co apoio de AC/E, AECID e a Embaixada de España en Canadá.