INPUT – ESPAZO DE TITORIZACIÓN PERSONALIZADO DE PROXECTOS CINEMATOGRÁFICOS EN DESENVOLVEMENTO

INPUT é un espazo de tutorización e asesoría de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xorde en 2017 da colaboración entre a Fundación Luís Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, mediante o que os e as autoras teñen acceso a profesionais de prestixio internacional do ámbito do cinema e da arte, con quen poder discutir acerca dos seus proxectos, desde o estado de escritura e desenvolvemento até o de distribución. Trátase de titorías individuais e personalizadas, onde o/o autor/a comparte os seus procesos creativos que son analizados polo/o mentor/a para buscar novas vías ou impulsar as xa existentes.

INPUT é unha das principais liñas de traballo de eSe8_LAB que organiza e impulsa actividades profesionais que inciden na modernización do sector repercutindo na promoción da nosa cultura, no ámbito estatal e internacional. O obxectivo destas xornadas é impulsar a profesionalización dos novos creadores potenciando a formación, vertebración e creación de redes dentro do sector cultural no noso país.

INPUT está financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto de la Cinematografía e das Artes Audiovisuais e a Fundación Luís Seoane, conta coa participación de Afundación – Obra Social Abanca e de LAV – Laboratorio AudioVisual de Creación e Prácticas Contemporáneas.

HISTORIAL

Ao longo destas 6 edicións, 18 proxectos foron beneficiarios seleccionados en convocatorias abertas, proceso que lles abriu as portas a novos éxitos entre os que contamos: ser seleccionado en espazos profesionais de desenvolvemento, obtención de fondos, premios internacionais e estreas en festivais. A continuación detallamos o percorrido e algúns dos éxitos cultivados por proxectos participantes en INPUT:

2017

SÓS – Nico Fernández Millán

  • Novos Cinemas #LAB 2018
  • Miradas DOC – Foro de coprodución 2018

2018

RESERVA – Gerard Ortín

  • Punto de Vista 2020. Sección Oficial
  • Cinéma du réel 2020. Selección Internacional. PRIX DU COURT MÉTRAGE – Mention spéciale

    REUNIÓN – Ilán Serruya

    • Doclisboa 2018. Competencia Internacional
    • Festival de Sevilla 2018. Revolucións Permanentes
    • Festival Internacional Novos Realizadores 2019. Vibracións
    • Una casa. Festival de Cine en Primera Persona 2019

    2019

    EL MÉDICO CURA – Maider Fernández Iriarte

    • Fondo Goberno Vasco 2019
    • Axuda do ICAA 2019
    • Selección Berlinale Talents (sen proxecto) 2020

      CRÍAS – Xiana do Teixeiro

      • Axuda do ICAA

      2020

      CUANDO TODO UN ANIMAL – Ángel Filgueira

      • Axuda da AGADIC
      • Abycine Lanza 2021
      • FICX PRO Gijón. Push and Play WIP 2021
      • Estea Mundial en D’A – Festival de Cine de Barcelona 2023

        NESE MOMENTO O AMOR FOI ESCURO E SÓ PUIDEN CHORAR – Aldara Pagán

        • Seleccionado para ser beneficiaria do Máster de Creación da Elías Querejeta Zineskola
        • Axudas da Xunta ao talento audiovisual 2021

        2021

        POSSIBLE FILM – Luis Lechosa

        • Seleccionado polo IVAM de Valencia
        • Seleccionado polo Máster de Creación LAV de Madrid
        • Seleccionado polo Espazo de Creación Contemporánea de Burgos – La Estación
        • Festival Punto de Vista 2023

        2022

        COMO UN BUZO MUERTO EN EL OJO DE DIOS – Rafael Guijarro

        • Premiado coa Axuda Injuve para a Creación Nova 21/22. Cúmulos
        • Exposto na Sala Amadís do 26 de xaneiro ao 14 de abril 2023

        Grazas ao apoio da Unión Europea – NextGenerationEU como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales a presente edición de INPUT 2023 poderá acoller 6 proxectos e 6 profesionais de prestixio internacional para asesoralos, o que supón duplicar o número de participantes así como o correspondente impacto no sector cinematográfico do noso país. Ademais ampliará o seu proceso de seguimento, con titorías online, máis alá das datas do festival.