SINAIS. TEKNO FANTASY

DESBORDAMIENTOS

Fundación Luis Seoane | Xoves 5 de xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.

O apartado centrado nas formas do cinema expandido e a film performance de Sinais preséntanos nesta ocasión a Tekno Fantasy, colectivo dedicado á exploración das tecnoloxías que experimenta con cinema, son e obxectos ópticos e coa interacción entre esas tecnoloxías e as persoas. Tekno Fantasy reutiliza proxectores antigos e materiais sinxelos para crear artefactos ópticos e logo mesturar estas creacións e as súas proxeccións con sons orgánicos inspirados na natureza. Tekno Fantasy, composto por Laura Ibáñez López, Camila Reyes e Iker González, desenvólvese no laboratorio de Medialab en Tabakalera (Donostia) e funciona como espazo de experimentación aberto á comunidade.

LA BELLEZA EN LOS RAYOS DE LUZ FRACTURADOS
Tekno Fantasy | 2025 | España | Performance | 25 min

LA BELLEZA EN LOS RAYOS DE LUZ FRACTURADOS é unha performance do colectivo Tekno Fantasy que convida a entrar nun universo visual e sonoro. Diferentes pezas de son van guiando as proxeccións, os reflexos e as aparicións de imaxes, que cobran vida mediante unha despregadura de artefactos ópticos e traxes creados polo colectivo. A interacción a través do movemento activa as diferentes proxeccións de luces creando conexións e sincronías entre os diferentes modos de expresión ao longo da peza. (Tekno Fantasy)