XPRESA

DIDÁCTICA

O (S8) concibe o cinema como ferramenta de autocoñecemento e exploración dos sentidos e as emocións. Ese é o espírito que inspira Xpresa, programa didáctico cuxo obxectivo é impulsar a inclusión social. 

Unha das accións incluídas neste programa é o obradoiro que todos os anos ofrecemos para persoas de capacidades diversas ou en risco de exclusión social, impartido por cineastas de recoñecida traxectoria. Rachando os moldes á hora de espertar o entusiasmo polo cinema, Xpresa non se conforma con divulgar modelos de creación tradicionais, senón que aposta por lles brindar ás persoas que participan un mecanismo a través do cal poidean experimentar e expresar o seu propio universo mediante a creación libre e estimulante de pezas cinematográficas persoais, feitas coa intuición previa ao aprendido. En edicións anteriores acollemos obradoiros de cineastas como Pablo Mazzolo, Jeannette Muñoz, Andrés Duque, Ainhoa Rodríguez, e Tânia Dinis e Franci Durán. Nesta ocasión, o obradoiro será impartido pola artista, cineasta e fotógrafa Deneb Martos. 

Xpresa contou nos últimos anos coa colaboración de asociacións locais, como é o caso, nesta edición, da Asociación Galega de Asperger (ASPERGA) e a Fundación Adultos Discapacitados da Coruña (ADCOR). Este ano incorpórase, ademais, el o Centro de Menores San Xosé de Calasanz. 

OBRADOIRO XPRESA CON DENEB MARTOS 

RITMOS DE LUZ. CINEMA SEN CÁMARA PARA A INCLUSIÓN 

Este obradoiro está dirixido a persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e propón unha experiencia artística inclusiva mediante o cinema experimental sen cámara. Partindo de materiais accesibles e técnicas adaptables, traballaremos con filmes atopados en 16 mm e 35 mm para crear pequenas pezas visuais: loops de cor e ritmo que cobran vida a través do proxector analóxico, e colaxes de película en marcos de diapositivas, que transforman cada fragmento nunha microhistoria luminosa. As actividades están pensadas para respectar e acompañar os ritmos, sensibilidades de habilidades de cada participante, favorecendo un ambiente de exploración sensorial, expresión creativa e conexión colectiva por medio da imaxe en movemento.