BAICC
RESIDENCIA ARTÍSTICA INTERNACIONAL DE CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA
En 2017 puxéronse en marcha, impulsadas polo (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, as primeiras Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica (BAICC), un proceso de selección para participar nunha residencia de produción dunha peza audiovisual rodada en formato analóxico (35 mm, 16 mm, 8 mm ou Super 8) en Toronto (O Canadá). Un proxecto moi desexado polo (S8) que se viu materializado grazas ao apoio de Acción Cultural Española (AC/E) e o Liaison of Independent Filmmakers of Toronto (LIFT) e co que se reafirmou, así, a forte aposta da Mostra pola produción e a creación artística en espazos alternativos. Os resultados da residencia estréanse no (S8), o que lle dá a oportunidade á súa autora/or de presentar a súa obra ante o público internacional da Mostra e interactuar con el.
Nesta edición do (S8) terá lugar a estrea da peza TORTUGA [pasaje cromático #4], de Brenda Boyer, beneficiaria das residencias BAICC na pasada convocatoria de 2024.
