XORNADAS DE CINEMA PARA CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO
DIDÁCTICA
Durante os últimos anos, o (S8) inclúe na súa programación previa aos días da Mostra unhas xornadas de cinema para centros públicos de ensino co obxectivo de ampliar o radio de acción do festival e, así, afianzar o seu compromiso coa formación e creación de novos públicos.
Nos meses de maio e xuño de 2025, o museo Domus-Casa do Home da Coruña acolleu varios programas especiais para centros públicos de diferentes cidades de Galicia. Un ciclo de proxeccións para nenas e nenos de entre 8 e 16 anos composto por catro sesións en versión orixinal, con películas cuxa temática se move entre o social e o coidado do medio natural, e no que se mostran tamén obras de narrativa experimental. A través destas películas bríndaselles a ocasión aos novos espectadores de coñeceren outras linguaxes do cinema.
Nestas sesións ten un lugar especial o cinema feito en Galicia, coas seguintes películas:
Anacos
Xacio Baño | 2012 | Galicia | Dixital | 6 min
Ser e voltar
Xacio Baño | 2014 | Galicia | Dixital | 14 min
Platónico, platónica
Xacio Baño | 2024 | Galicia | Dixital | 14 min
The Sansa Stomp
Iago Lourido | 2019 | Galicia | Dixital | 2 min
Velos na Tebra
Iago Lourido | 2024 | Galicia | Dixital | 6 min
Solposto
Iago Lourido | 2025 | Galicia | Dixital | 7 min
Ás sesións do 13, 20 e 27 de maio e 2 de xuño asistiron máis de trescentos alumnos e alumnas, e tamén se gozou da presenza tanto de Iago Lourido como de Xacio Baño.
As xornadas contaron este ano coa participación dos seguintes centros: o IES Menéndez Pidal, o IES Urbano Lugrís e o CEIP Concepción Arenal da Coruña.
