TÂNIA DINIS
MORADA ABERTA: ONDE O GESTO CURA
DESBORDAMIENTOS
Fundación Luis Seoane | Venres 5 de xuño | 23:30 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.
Morada Aberta: Onde o Gesto Cura desenvólvese en diferentes linguaxes e espazos, combinando proxeccións de vídeo dixital e analóxico con técnicas de cinema expandido e composición de imaxes en tempo real. A obra estrutúrase en tres momentos interrelacionados, que atravesan diferentes épocas, atmosferas e modos de presenza.
O proxecto parte de historias e lembranzas —persoais e colectivas— e da observación sensible do cotián, adoptando unha mirada imaxética e poética sobre os territorios, os corpos e os xestos. A investigación nace das lembranzas da artista e das historias do lugar onde medrou, para se expandir aos territorios do norte de Portugal, do Alto e Baixo Minho, de Galicia e da costa atlántica.
Acompañando o día a día de mulleres traballadoras, gardiás de saberes ancestrais ligados á terra, ao mar, aos ciclos naturais e ás formas de coidado transmitidas entre xeracións, a obra achégase a xestos invisibles que sosteñen comunidades e manteñen vivas formas de coñecemento non oficializadas.
A medio camiño entre o documental e a ficción, a performance cuestiona a doenza e a curación no imaxinario popular, entendendo a curación non só como rito ou palabra, senón tamén como xesto, traballo, clase, cultivo e relación íntima coa natureza e co outro. Observa prácticas e movementos que atravesan xeracións, preservando a enerxía do sagrado, da resistencia, da ausencia, do misterio, e propondo un espazo compartido de escoita e de memoria.
MORADA ABERTA
Tânia Dinis | 2025 | Portugal | Performance, proxector de 16 mm, Super 8 e dixital, pantallas móbiles, son | 34 min
FICHA ARTÍSTICA
Dirección artística, investigación, edición, imaxe e intérprete: Tânia Dinis
Asistencia de imaxe: Tales Frey
Espazo: Tânia Dinis, Tales Frey
Pantallas de proxección: Sofia Pereira
Produción: Patrícia Gonçalves
Atrezzo e vestiario: Svenja Tiger
Construción e deseño de escultura looper en 16 mm: Filipe Ferreira
Construción e deseño de escultura looper en Super 8: Joaquim Dinis e Tânia Dinis
Proxección multimedia: Inês Costa
Imaxe analóxica: Tânia Dinis
Espazo sonoro: Marina Leite Soares
Apoio á coreografía: Ángela Diaz Quintela
Comunicación: Bruno Moreira
Deseño gráfico: Dayana Lucas
Con: Lola Diaz, Amélia Alves, Olívia Pereira, Isabel Carneiro, Luísa Gomez, Emília Pinto, Ermelinda Dinis, Lurdes Carneiro
Produción e xestión do proxecto: Tenda de Saias
Coprodución: Desejar (Braga25)
Co apoio do Criatório da Ágora – Cultura e Desporto do Porto, E.M., S.A.; Fundação GDA e Curtas de Vila do Conde
