BEATRIZ FREIRE
A TEXTURE MAP OF MONNEGRE RIVER
DESBORDAMIENTOS
Fundación Luis Seoane | Venres 5 de xuño | 23:30 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.
Beatriz Freire afonda nas relacións entre o acto de tecer e o cinema, cunha peza en que un filme «tecido» é acompañado en directo pola artista a traballar no seu tear. Segundo explica a propia Freire, «A Texture Map of Monnegre River é unha peza audiovisual que xorde dun proxecto de investigación artística desenvolvido arredor do río Monnegre (Alacant), composta por tres filmes rodados fotograma a fotograma en 16 mm. A obra propón unha tradución visual da notación téxtil, utilizando códigos de tecedura como guión de rodaxe, onde cada fotograma corresponde a un cruzamento de trama e urda. Un experimento fílmico-téxtil que investiga se a notación téxtil, aplicada ao cinema analóxico, pode xerar un tipo de fulgor: imaxes que escapan a unha mirada convencional e abren novos xeitos de percibir a paisaxe».
A TEXTURE MAP OF MONNEGRE RIVER
Beatriz Freire | 2026 | España, Portugal | Performance, película de 16 mm transferida a dixital, tear, son | 10 min
