XERME: FALAR POR NON CALAR
SUITE CONFUSA DE VIDEOCREACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AUDIOVISUAL DE ANTONIO SEGADE + ANTÓN REIXA
Domingo 27 de Setembro | 18:00 h | s8cinema.com
A sección Xerme penetra tamén ao formato en liña en streaming no seu labor de recuperación e, se se quere, de xustiza, á hora de recoñecer a raizame creativa das novas xeracións do cinema galego. Neste programa examinaremos o lado máis transgresor da obra de Antonio Segade e Antón Reixa, nun percorrido polo que nos guiará o crítico, escritor e director do CCCB, Jordi Costa: unha substanciosa conversa cos autores, seguida dunha selección a modo de collage confeccionada con fragmentos das súas pezas.
- Salvamento e socorrismo (1984)
- Chove contra-pasado (1985)
- Durme, Rainer, xa estás morto (1985)
- After Shave (1986)
- Todo está na castañeta (1986)
- Episodios familiares (1987)
- Sitio distinto (1989), programa TV
- Ecus de Amor (1991)
- Ringo Rango (1992)
- Nordesía (1994)
- Estarán viv@s, serán de pedra? (2000)
- O Lapis do Carpinteiro (2003)
- Hotel Tívoli (2006)
- Maruja Mallo, metade muller, metade marisco (2010)
- O incerto señor Cunqueiro (2011)
- Leccións de cousas (2011)
- Algo raro pasa raro (2015)
- Látego de algas (2017)
- MICHIGAN/ Acaso Michigan (2017)
- Melancoholemia (2018)
- We Love Jorge Cabezas (2018)
- Money for Free (2020)
- A revolución non será televisada (2020)