XERME: FALAR POR NON CALAR

SUITE CONFUSA DE VIDEOCREACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AUDIOVISUAL DE ANTONIO SEGADE + ANTÓN REIXA

Domingo 27 de Setembro | 19:00 h | DOMUS | Reserva aquí a túa entrada gratuíta

Nesta edición tan singular recuperamos unha sección desexada desde hai tempo: Xerme. Nela queremos amosar aos artistas seminais do cinema experimental galego nunha labor de recuperación, e se se quere, de xustiza á hora de recoñecer o raizame creativo das novas xeracións. Xerme revive coa obra de Antonio Segade e Antón Reixa da man dunha selección comisariada polo crítico, escritor e director do CCCB, Jordi Costa.

Esta sesión recolle unha serie de obras en proxección monocanal (nunha sesión que inclúe fotos das videoinstalacións), envoltas entre as parénteses de dúas videoperformances en directo dos artistas.

Todas estas obras, heteroxéneas en xénero, función e sensibilidade teñen en común o traballo coincidente de Antonio Segade e Antón Reixa. Durante 36 anos, ambos os dous creadores traballaron na videocreación máis ortodoxa, a vídeoinstalación, en disco / DVD, Libros /DVD, a TV comercial, o cinema, a publicidade comercial, etc.

A proposta trata de observar e confrontar que elementos hai en común nesta singular colaboración. Co paso dos anos, a casualidade de que o nome de Anton Reixa fose máis difundido polo seu traballo na música pop e a literatura opacou esta simbiose na que, ao nal, o nome de Antonio Segade aparecía secundarizado. Aspecto ao que tambén contribuiu a natural discreción de Segade.

Trátase agora de poñer en conxunto fragmentos deste inventario audiovisual tan promiscuo.

Os autores, por si mesmos, acóllense ao epígrafe de “FALAR POR NON CALAR”, dado que o seu ámbito máis xenuíno e frecuentado é a vídeo poesía, sempre partiron do principio da secundariedade da palabra poética respecto á imaxe. As imaxes ilustran os versos porque, cren eles, “1 palabra vale máis ca 1000 imaxes”. Unicamente nos seu traballos últimos (Michigan e Melancoholemia) a relación é máis simbólica ca de ilustración puntual. Para iso traballaron con clásicos da pintura universal como Goya e O Bosco. Será certa a súa a rmación vehemente de que 1 palabra vale máis ca 1000 imaxes?

Comisariada por Jordi Costa, unha “suite confusa” en forma de collage, composta por anacos das siguintes pezas:

  • Salvamento e socorrismo (1984)
  • Chove contra-pasado (1985)
  • Durme, Rainer, xa estás morto (1985)
  • After Shave (1986) 
  • Todo está na castañeta (1986)
  • Episodios familiares (1987)
  • Sitio distinto (1989), programa TV 
  • Ecus de Amor (1991)
  • Ringo Rango (1992)
  • Nordesía (1994)
  • Estarán viv@s, serán de pedra? (2000)
  • O Lapis do Carpinteiro (2003)
  • Hotel Tívoli (2006)
  • Maruja Mallo, metade muller, metade marisco (2010)
  • O incerto señor Cunqueiro (2011) 
  • Leccións de cousas (2011)
  • Algo raro pasa raro (2015)
  • Látego de algas (2017)
  • MICHIGAN/ Acaso Michigan (2017)
  • Melancoholemia (2018)
  • We Love Jorge Cabezas (2018)
  • Money for Free (2020)
  • A revolución non será televisada (2020)