ESPECIAL SINAIS EN CURTO: ALDARA PAGÁN

Xoves 1 de Outubro | 16:30 h | s8cinema.com

Sinais en curto, sección na que recollemos unha selección de traballos galegos recentes na liña do espírito do festival, desdóbrase este ano en dous: por unha banda teremos a nosa habitual sesión en sala con coloquio posterior; pola outra, creamos unha serie de programas especiais online, un por cada un dos cineastas convocados na selección, nos que poderemos descubrir un pouco máis a fondo o traballo e as inquedanzas de cada un deles, e nos que teremos ocasión de ver pezas extra alén das incluídas na selección en sala.

ALDARA PAGÁN

A visión en primeira persoa dunha muller e a súa particular presenza. Unha forma meditada de filmar o corpo. Isto é o que se sitúa á fronte do traballo de Aldara Pagán, nova creadora que ademais estendeu o seu traballo á escrita e á programación. Neste especial coñeceremos as súas inquedanzas e proxectos, e teremos a ocasión de ver as súas pezas (unha en dixital, outra en analóxico) Alí sentíame eterna e Marcas.

  • Alí sentíame eternaAldara Pagán, 2020, vídeo, 7 min.
  • MarcasAldara Pagán, 2020, super 8 to vídeo, 10 min.