Sinais en curto, sección na que recollemos unha selección de traballos galegos recentes na liña do espírito do festival, desdóbrase este ano en dous: por unha banda teremos a nosa habitual sesión en sala con coloquio posterior; pola outra, creamos unha serie de programas especiais online, un por cada un dos cineastas convocados na selección, nos que poderemos descubrir un pouco máis a fondo o traballo e as inquedanzas de cada un deles, e nos que teremos ocasión de ver pezas extra alén das incluídas na selección en sala.
ALBERTE PAGÁN
Alberte Pagán é unha das figuras máis destacadas do cinema experimental en Galicia: desde a súa labor como cineasta, ata o seu traballo teórico e investigador. O cemento que une todas as partes é unha ollada crítica e política que se deixa ver en toda a súa obra e que xoga co medio de diferentes xeitos. A través das súas recentes pezas, as películas Uluru (2018) e 6 X 9 (2020), abordaremos o seu traballo.
- Uluru | Alberte Pagán, 2018, vídeo, 7 min.
- 6 x 9 |Alberte Pagán, 2019, vídeo, 10 min.