DIDÁCTICA

XORNADAS DE CINE PARA CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO

6, 12 e 20 de maio | DOMUS

Durante os últimos anos, o (S8) inclúe na súa programación previa aos días da Mostra unhas xornadas de cine para centros públicos de ensino co obxectivo de ampliar o radio de acción do festival, afianzando o seu compromiso coa formación e coa creación de novos públicos.

Durante o mes de maio de 2021 o museo Domus-Casa do Home da Coruña acolleu varios programas especiais para centros públicos de diferentes cidades de Galicia. Un ciclo de proxección para nenas e nenos de entre 8 e 14 anos composto por catro sesións en versión orixinal, nas que se amosan películas cuxa temática se move entre o social e o coidado do medio ambiente. A través destas películas, contadas dende a perspectiva dos propios nenos e nenas protagonistas, bríndase aos espectadores máis novos a ocasión de asomárense á realidade dos seus pares doutros países e contextos.