ENCONTRO DE ESTUDANTES DE BELAS ARTES
OBRADOIRO DE EXPLORACIÓN DA ANIMACIÓN DIRECTA
Sala (S8) Palexco | Domingo 9 xuño | 11:00 horas
Acompáñanos nunha exploración práctica das técnicas de animación sen cámara, como a raspadura, a pintura, a colaxe, o debuxo e o fitograma sobre película de 16 mm. Presentaremos as técnicas e despois crearemos unha obra colaborativa e dinámica de imaxes en movemento que se exhibirá nunha das proxeccións vespertinas!
Nós facilitamos todo o material; só lles pedimos aos participantes que traian follas, flores, talos ou herbas acabados de coller. Para tomar parte neste obradoiro, non é necesaria experiencia previa: só ter interese no traballo creativo.
Obradoiro con Franci Durán, Phil Hoffman, Rhayne Vermette e Robin Riad..
Este obradoiro formará parte do encontro de estudantes de Belas Artes que terá lugar dentro da nosa sección Paraíso.
