SINAIS
DESBORDAMIENTOS
Patio da Fundación Luis Seoane | Xoves 6 xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade.
O apartado dedicado ás formas do cinema expandido e á film performance de Sinais pasa, nesta edición, ás noites do patio da Fundación Luis Seoane. Presentamos a proposta do colectivo saruxceci, composto por Saru Miras e Ceci Romero, ao longo dunha performance conxunta, unha película de Romero e outro traballo performativo de Miras, que es artistes definen como «tres exercicios sobre a imposibilidade». Poñendo o foco especialmente nos procesos artísticos que se entrelazan coa vida cotiá e o espazo compartido, o seu traballo materialízase entre as accións performativas, o cinema fotograma a fotograma e as posibilidades conceptuais da filmación e proxección en formatos analóxicos..

LO QUE NO SE VE
Saru Miras e Ceci Romero | 2023 | España | 16 mm | 5 min

SIN TI TULO
Ceci Romero | 2023 | España | Super 8 | 3 min

EL MOVIMIENTO QUE DESPLAZA LAS LÍNEAS
Saru Miras | 2023 | España | Super 8 | 4 min