CAMERA OBSCURA: TOMONARI NISHIKAWA
EN LIÑA
Máis información proximamente.
O pasado mes de abril finaba Tomonari Nishikawa, cineasta querido e admirado que nos visitou no ano 2021. Recuperamos o Camera Obscura que compartimos con el en 2020 como un xeito de lembralo a través do seu traballo e a súa calidade humana.
Reducir o mundo ás súas formas máis puras e valerse do mecanismo singular da cámara para xogar con elas: esta frase podería servir de porta de entrada ao cinema de Tomonari Nishikawa, que traballou desde principios do século XXI en todos os formatos que existen de cinema fotoquímico e, ocasionalmente, tamén en vídeo. Os seus rexistros «documentais» de distintos lugares do mundo están filtrados por un ollo especialmente sensible á esencia visual do que o rodea. Amais están filmados a través de diferentes procesos que van desde a captura fotograma a fotograma ao uso de cámaras fixas, pasando polas máscaras na cámara e, nas súas películas máis meditativas, por unha estrutura gráfica ou de montaxe singular. Neste Camera Obscura repasaremos a súa obra a través das súas propias palabras e do visionamento dalgunhas das súas películas.



Fotos: María Meseguer