MASTERCLASS CARLOS CASTILLO

CARACAS, CAPITAL DO SUPER 8 MUNDIAL

Filmoteca de Galicia | Sábado 7 de xuño | 11:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.

No medio da riqueza e a efervescencia cultural da Caracas dos anos 70, xurdiu a que se convetería nunha cita de relevancia histórica: o Festival de Novo Cine Super 8. Fundado por Julio Neri e Mercedes Márquez, e máis adiante dirixido por Carlos Castillo, o festival upou unha escena de artistas que elixiron o Super 8 como medio de expresión das súas inquedanzas creativas: o propio Castillo e tamén nomes como Rolando Peña, Carlos Zerpa e Diego Rísquez, entre outros; do mesmo xeito, tróuxose a Venezuela o traballo de figuras clave do cinema experimental. Nesta masterclass, Carlos Castillo dará conta da historia e as obras desta escena de cinema en Super 8 que converteu Caracas en epicentro artístico latinoamericano e mundial.