
Un ano máis, unha intensa oferta educativa ocupa as xornadas previas á Mostra Internacional de Cinema Periférico. Haberá catro sesións de proxeccións para escolares, que arrancan o 13 de maio. Os días 30 e 31 de maio, será o turno de Xpresa, o taller de inclusión social organizado co apoio da Fundación Emalcsa e o seu programa Cultura Accesible e Inclusiva.
Coa participación de usuarios de capacidades diversas da Fundación Adcor e Asperga, o taller Xpresa está dirixido pola artista visual Deneb Martos quen ofrece unha proposta educativa e de creación baixo o título de «Ritmos de luz, cine sen cámara para a inclusión». Ot aller, dun día de duración con cada grupo de usuarios, plantéxase coma unha exploración sensorial e creativa a través de diferentes materiais, intervindo sobre película en 16mm e 35mm con colaxe tintas ou acetatos.
Este taller conecta cun dos propósitos do festival: o cinema como experiencia artística
A dinámica do taller, que cumpre a súa oitava edición e celébrase na Fundación Seoane, inclúe a proxección analóxica dos resultados, compartindo a experiencia colectiva da luz en movemento. O seu obxectivo é fomentar a inclusión social a través da arte e da creación colectiva ofrecendo un espazo seguro, respectuoso e aberto á experimentación. Tamén estimular a coordinación e percepción visual, gozando do cinema como unha experiencia sensorial e lúdica.

A artista visual Deneb Martos coordinará os talleres de creación
DENEB MARTOS
Alquimista, artista visual e creadora, Martos está especializada en fotografía e cine sen cámara, a través de técnicas tradicionais e sostibles. A súa obra ten estado en citas como FILMADRID, Festival KONTAKTE’17 (Berlín), Festival MUTA (Lima) ou Punto de Vista (Pamplona) ademais de no propio (S8) co que colabora dende hai anos.
Martos fundou e foi responsable do LABO DE FOTO da Casa Encendida de Madrid durante unha década e actualmente coordina LAV, Laboratorio Audiovisual de Creación y Práctica Contemporánea. Colabora con institucións culturaies como a Fundación Cerezales FCAYC, o Guggenheim de Bilbao, Filmoteca Española e o Cine Estudio de Bellas Artes de Madrid.

PROXECCIÓNS PARA ESCOLARES
Ademáis do taller Xpresa, a actividade previa ao festival comeza moito antes con encontros para centros educativos nos que se pretende chegar a públicos máis novos amosádolles unha maneira de facer cine máis exploratoria, libre e artística.
Estas proxeccións para escolares celébranse na Domus, contan coa la colaboración dos Museos Científicos e do área de Educación del concello coruñés e dende os seus inicios en 2021, xa teñen pasado por elas máis de mil estudiantes. Nesta ocasión programáronse catro sesións os días 13, 20, 27 de maio e 02 de xuño e xa hai prazas reservadas para preto de trescentos alumnos e alumnas do IES Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e CEIP Concepción Arenal da Coruña.
Inclúen unha proxección en analóxico e un coloquio co cineasta galego Xacio Baño
Estas sesións son unha oportunidade para que a rapazada descubra o cinema analóxico, xa que inclúen unha proxección en Super 8 e poden ver —e incluso tocar— esa forma orixinal de facer películas. A cita péchase co coloquio cun cineasta que nesta ocasión será o galego Xacio Baño, de quen se amosarán varias curtas que despois comentará co público. Ademais de educativos, estes encontros son unha auténtica carga de enerxía para a equipa do festival e os creadores que participan, pola frescura que sempre aporta a mirada infantil e xuvenil.


É unha oportunidade de descubrir o formato analóxico. Fotos: María Meseguer