CLAUSURA. SPECTRAL: WANDERING PROJECTION
DESBORDAMIENTOS
Fundación Luis Seoane | Sábado 7 de xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.
Acontecemento irrepetible, a clausura da Mostra está dedicada este ano ao traballo conxunto de dous laboratorios autoxestionados por artistas europeos. Por unha banda, Laia Coop, cooperativa situada no Porto (Portugal) e dedicada á creación e exhibición de imaxe en movemento, dentro de cuxas actividades se atopa o Laboratório da Torre. Por outra banda, Mire, asociación dedicada ao cinema experimental de Nantes. Ambas as organizacións forman parte do proxecto europeo SPECTRAL, co cal nos traen a súa Wandering Projection, un evento de cinema ambulante que percorrerá a cidade: un conxunto de películas que tomarán os muros da Coruña, xunto cunha peza sonora (ou película para os oídos).

WANDERING PROJECTION (PROXECCIÓN AMBULANTE)
Duración aproximada: 1 hora
SPECTRAL, sigla de Spatial, Performative & Expanded Cinematics – Transnational Research at Artist-run Labs (Investigación transnacional en cinematografía espacial, escénica e expandida en laboratorios xestionados por artistas), é un proxecto que reúne seis laboratorios, dirixidos por artistas, que se dedican a diversas prácticas con película analóxica desde unha perspectiva experimental e de «faino ti mesmo». As actividades de SPECTRAL abranguen a creación, organización, invención, circulación, distribución, enxeñería empírica e concepción de novas formas de expresión artística mediante a proxección fotomecánica, prácticas escénicas, tecnoloxía híbrida e investigación. Nun contexto en que se crean aparellos como método de estudo de novos instrumentos para as artes cinematográficas expandidas, o laboratorio Mire explora a noción do ambulante —itinerante, adaptado a distintos contextos—, mentres que Laia-Torre profunda no concepto de «luz primaria», con miras a interpretar o contorno e o medio como fontes de luz primordial, tempo e movemento. Para o programa do (S8), os dous laboratorios propoñen unha activación das sesións ambulantes con paseos nocturnos e un proxector portátil de 16 mm xerado en Mire (doado de transportar e autosuficiente no tocante a electricidade), nun programa que se elaborou como interpretación dos temas do ambulante e a luz primaria. Está composto por películas de Oskar Fischinger, Kurt Kren, Patrice Kirchhofer, Malena Szlam, Cécile Fontaine, Pedro Paiva e João Maria Gusmão, Gary Beydler e Charlotte Pryce.
Participan: Mónica Baptista, Rita Morais e Sofia Arriscado, de Laia-Torre, e Pierre Signolat, Chloé Beulin e Aurélie Percevault, de Mire.