SONYA MWAMBU

DESBORDAMIENTOS

Fundación Luis Seoane | Venres 6 de xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.

Presentamos en Desbordamentos, desde O Canadá, e artiste de orixe ugandesa Sunya Mwambu, cineasta experimental e editore, que nos trae a súa performance híbrida Maono Mzimi. O seu traballo céntrase nas interseccións das súas identidades a través dunha exploración da raza, o xénero, a linguaxe e as conexións que acha mediante experimentacións con película analóxica. 

MAONO MZIMI
Sonya Mwambu | 2025 | O Canadá | 16 mm, dixital, lectura en directo | 30 min

«Falarasme de cousas e cousas. Dese tempo perdido; de campos baldeiros que se estenden, afastándose de montañas desertas; de mil espazos de visión non quebrantados.» 

Como atopo espazo cando estou perdide no tempo? Como debe ser a miña visión no ollar dos meus antepasados? Por que estás aquí? E, así, perante os nosos deuses, que entraron en xogo, imaxes, tempo e significado perdido actúan coa esperanza de achar eses espazos de visión (non) quebrantados. Maono Mzimi é unha performance de 30 minutos, híbrida en 16 mm e dixital, en que se explora a perda mediante o espazo e o movemento. Esta obra, reiteración e continuación do traballo levado a cabo no Independent Imaging Retreat/Film Farm, está concibida para se vivir coma unha adiviña, mobilizada ao unísono e respirada. (Sonya Mwambu)