[vc_section el_id=”program-page”][vc_row][vc_column][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”20″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”20″ screen_tablet_spacer_size=”20″ screen_mobile_spacer_size=”20″][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_row_inner][vc_column_inner][dfd_heading enable_delimiter=”” style=”style_01″ subtitle=”O CINE COMO SEGUNDA PEL” title_font_options=”tag:h2″ subtitle_font_options=”tag:h1″]BILL BRAND[/dfd_heading][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner][vc_column_inner][vc_column_text]En 2019 cúmprense cincuenta anos desde que Bill Brand comezou a facer cine. Dende 1969 leva facendo películas, nunha práctica que se estende polo seu traballo na conservación e restauración de cine, polo debuxo, a pintura e a instalación, e como autor de obras únicas na súa especie como é o caso de Masstransiscope (1980), insólito mural que transformou o metro de Brooklyn nun enorme zoótropo. Todas as disciplinas que se foron superpoñendo e retroalimentando. Esta selección de películas, preparada polo propio Brand e consonte as súas propias palabras, pon énfase no seu traballo “en cine analóxico coa copiadora óptica e pon en xogo temas como a paisaxe, o corpo, a pintura e o debuxo”. Unha selección que se abre coa recente Huevos a la mexicana (2018), na que a súa coñecida estratexia de reservas cambiantes na imaxe trasládase ao campo do dixital; séguelle Susie’s Ghost (2011), un paseo fantasmal por un barrio neoiorquino; Skinside Out (2002) é unha das súas colaboracións fílmicas coa artista Katy Martin; pechándose cun dos seus traballos máis intensos e complexos, Coalfields (1984), na que conflúen a paisaxe, a súa atención ao corpo e a súa decadencia, o seu profuso traballo coa copiadora óptica e unha visión profunda, política e empática, do material que manexa. Unha obra amplísima e difícil de explicar, que percorre múltiples camiños con paixón e inventiva, e que fainos pensar que, en certo modo, o cine (e por extensión, a imaxe en todas as súas acepcións) é a segunda pel de Bill Brand.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”20″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”20″ screen_tablet_spacer_size=”20″ screen_mobile_spacer_size=”10″][dfd_heading enable_delimiter=”” style=”style_01″ subtitle=”Xoves 06/06 | 18:30 h | CGAI” title_font_options=”tag:h5″ subtitle_font_options=”tag:h3″]PROGRAMA[/dfd_heading][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”20″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”20″ screen_tablet_spacer_size=”20″ screen_mobile_spacer_size=”10″][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_single_image image=”26735″ img_size=”full”][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”10″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”10″ screen_tablet_spacer_size=”10″ screen_mobile_spacer_size=”10″][vc_single_image image=”26744″ img_size=”full”][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”10″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”10″ screen_tablet_spacer_size=”10″ screen_mobile_spacer_size=”10″][vc_single_image image=”26741″ img_size=”full”][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”10″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”10″ screen_tablet_spacer_size=”10″ screen_mobile_spacer_size=”10″][vc_single_image image=”26738″ img_size=”full”][/vc_column][vc_column width=”1/2″ col_shadow=”box_shadow_enable:disable|shadow_horizontal:0|shadow_vertical:15|shadow_blur:50|shadow_spread:0|box_shadow_color:rgba(0%2C0%2C0%2C0.35)” col_shadow_hover=”box_shadow_enable:disable|shadow_horizontal:0|shadow_vertical:15|shadow_blur:50|shadow_spread:0|box_shadow_color:rgba(0%2C0%2C0%2C0.35)” css=”.vc_custom_1558364656686{padding-left: 50px !important;}”][dfd_icon_list del_height=”1″ del_style=”solid” del_color=”#f4f4f4″ main_style=”style-2″][dfd_icon_list_item icon_type=”none”]HUEVOS A LA MEXICANA
Bill Brand, EE. UU., 2018, vídeo, 13 min.
Esta é a miña contribución analóxica dixital a “a procura do tesouro de Xochimilco” en Ciudad de México o último día de “HAZLO TU MISMO,” Do-it-Yourself Independent Analog Film Laboratory Encounter, o 9 de setembro de 2018. (Bill Brand)[/dfd_icon_list_item][dfd_icon_list_item icon_type=”none”]SUSIE’S GHOST
Bill Brand en colaboración con Ruthie Marantz, EE. UU., 2011, 16mm, 7 min.
Susie’s Ghost trata sobre o misterio das marcas que facemos e que deixamos. A “Susie” do título refírese a unha irmá, pero a “pantasma” refírese de maneira máis xeral ao sentimento persistente de perda. Tanto a fotografía como a actuación expresan unha presenza tentativa e un sentido difuso da desaparición. Busca algo a rapaza? Está realmente alí? Filmamos con película de 16 mm anella no meu barrio no centro de Manhattan, xusto antes de que a febre da construción borrase as últimas pegadas do distrito fabril ao que me mudara anos antes. (B.B.)[/dfd_icon_list_item][dfd_icon_list_item icon_type=”none”]SKINSIDE OUT
Bill Brand e Katy Martin, EE. UU., 16mm, 2002, 10 min.
En Skinside Out vemos unha pintura sobre pel, realizada con trazo expresionista sobre os corpos de ambos cineastas. A énfase ponse no pracer de mirar —ao bordo da repulsión— e nas implicacións de facer público un xesto en esencia privado. A película sitúa á pintura como un acto de xénero, corpóreo, cuxa posición se transforma continuamente dentro dun contexto cambiante. Imaxes filmadas no estudio se xustapoñen a metraxe dunha barcaza de obra no río Hudson. Examinando ambas cousas en relación á superficie, a obra busca paradoxicamente o que hai no interior, mentres se cuestiona quen somos e a onde nos estamos levando. (B.B.)[/dfd_icon_list_item][dfd_icon_list_item icon_type=”none”]COALFIELDS
Bill Brand, EE. UU., 1984, 16mm, 39 min.
As paisaxes industriais de Virginia Occidental son “recortadas” na copiadora óptica nun collage de formas dentadas que transforma as escenas fotografadas nun campo cinético semiabstracto. A técnica desenvolvida nas miñas películas anteriores expándese ao incorporar ao meu idioma visual formalmente complexo, cuestións sociais, sexuais, persoais e políticas. Fiada dentro do tecido do filme está a historia de Fred Carter, un mineiro retirado e activista da enfermidade pulmonar mineira, incriminado a causa dos esforzos do Goberno Federal por socavar o movemento pola enfermidade pulmonar mineira e por deter a súa candidatura a presidente da Asociación de Mineros Unidos. A súa historia é contada a través de fragmentos de entrevistas documentais e dun relato poético que forma un contratema dentro do filme. O contido temático do filme a a súa visualización formal están en precario equilibrio.
Texto poético de Kimiko Hahn
Composición sonora de Earl Howard
(B.B.)
[/dfd_icon_list_item][/dfd_icon_list][/vc_column][/vc_row][/vc_section][vc_section el_id=”program-page”][/vc_section]