Elena Pardo e Morris Manuel Trujillo (LEC México). Aquí tes a túa casa

Xuñ 7, 2019 | Entrevistas


OS COMEZOS DE LEC
Morris Manuel Trujillo: LEC é a evolución dun proxecto que argallaramos entre varios artistas que nos levabamos e ao que lle deramos o nome de La Tinchera Ensamble. O fundamos no 2003-2004 e, naquel momento, a xente que nos fomos coñecendo nese proceso –Azucena, Elena, Rafa– traballamos nese colectivo que tiña unha estrutura moi colaborativa: por el pasaron máis de 150 artistas nun período de tres anos. E despois diso, Elena e máis eu pensamos que estaría ben crear un espazo que tivera máis que ver coa xestión do cinema experimental. Tamén tivo que ver cos discursos sobre o analóxico, o experimental, o cienema expandido e a promoción de todas estas cousas. E LEC comeza xusto así, foi unha cousa que pensamos desde o punto de vista da xestión e tamén do educativo. Un lugar onde poder ter obradoiros, onde ter un cuarto escuro, e onde desenvolver colaboracións, as máximas posíbels, con moitos e moitas artistas que tiveran interese en traballar co analóxico.
ACTIVISTAS E ARTISTAS
Morris Manuel Trujillo: Eu, despois de fundar o LEC, metínme moitísimo na xestoría da imaxen en movimento. E nestes cinco anos fixen menos obra propia, pero tamén é certo que xa o meu paso por La Trinchera levoume a rematar os meus filmes máis no vivo, máis como cinema expandido. E hai xa moito que non fago un corto filmado, a miña obra ten máis que ver con colaborar con outros artistas, músicos, artistas do son, outros cineastas que tamén fan cinema expandido… Entón a gran maioría das miñas pezas só poden ser vistas desde un rexistro concreto, que é o que a min me gusta: ver o filme en tempo real, durante unha performance. Teño moitas pezas con Elena, gracias á cercanía que temos por estar no LEC. Pero tamén teño pezas con Azucena, e de feito imos presentar unha peza os tres aquí, no (S8).
Elena Pardo: Eu penso que o proxecto en sí, remata por se converter el mesmo nun proxecto artístico. Podemos pensar que levamos aquí anos organizando proxeccións e obradoiros para todo o mundo, e as veces sentes que iso ocupa todo o teu tempo, pero eu penso que ao final iso convértese no proxecto en sí, que, ao mesmo tempo, ter ese lugar de colaboración é un proxecto artístico en si mesmo. O feito de ser este colectivo tenos levado a moitos lugares, de feito é por iso que agora estamos aquí. Ser un colectivo que esta feito coas aportacións de todos os que participamos e colaboramos nel é algo que o bota a andar que vaino levando a moitos lugares.
AS PERFORMANCES
Elena Pardo: Desaparecer xurdiu a raíz dunha invitación para participar no festival de Barcelona L’Alternativa, e iso foi unha motivación extra para poñernos un prazo. É un proxecto que fala un pouco desa situación que hai agora en México e que ten que ver con que últimamente estamos sempre a ler, a informarnos, a enterarnos de que a xente está a desaparecer. Hai persoas que desaparecen, non volven a aparecer nunca, e isto foise convertendo en parte da paisaxe do país. E é unha cousa que ocorre sempre no rural, nas montañas… Queriamos tocar o tema pero sen facelo dun xeito demasiado literal, queriamos pensar no feito de desaparecer, por exemplo, no filme, e xogar coa materia para falar destes acontecementos. O que fixemos foi ir filmar a Oaxaca, a sierra norte, onde hai sempre brétema e tes sempre esa sensación de que estás pero non estás, non es verdadeiramente consciente da túa ubicación. E queriamos integrar a brétema e tamén esa sensación de confusión na película. Desde o comezo colaboramos con Fernando Vigueras, que é un músico e artista sonoro de México, e fixemos con el varias das presentacións. E cando viaxamos, como non sempre podemos ir todos, ás veces colaboramos con músicos locais.
Morris Manuel Trujillo: Love Machine ven dunha colaboración, o ano pasado en Rio de Jaineiro, con Azucena Losada. Despois, ando empezamos a facela no encontro de laboratorios en Ciudad de México, Elena poñía primeiro unha peza súa e despois interviñamos Azucena e máis eu. E que se estivo a presentar nos festivais foi unha fusión disto. Agora imos presentala por primeira vez os tres xuntos, aquí no (S8). E sería como unha búsqueda da historia dos laboratorios, das máquinas analóxicas. E máis que ser algo documental é completamente experimental e lúdico sobre a máquina, e de aí o nome de Love Machine, porque queremos crear unha nova expresión coas ferramentas coas que traballamos. Nós reapropiámonos de algunhas imaxes, outras son animacións… pero teñen que ver moito co analóxico e coa historia dos laboratorios e das máquinas.
A EXPERIENCIA CHURUBUSCO
Elena Pardo: Todo comezou por cousa de Naomi Uman. Nós xa sabiamos que existían os laboratorios, todos tiñamos ido, nalgún momento das nosas vidas, a facer algo alí. O laboratorio fundouse nos anos 50 e alí é onde se produxeron, revelaron e copiaron as películas mexicanas durante décadas. E xa nos últimos anos non se fai moito traballo de cinema, pero o laboratorio, como é xestionado polo Estado, tampouco pecha. Non hai unha urxencia comercial, como é o caso doutros laboratorios, que teñen que pechar, entón… é como que está sempre aí dun xeito latente, constante. E Naomi foi un día porque precisaba unha máquina, que eles non tiñan… pero volveu dicindo que había moito espazo dispoñíbel alí, que había moitas cousas, que tiñamos que facer algo. E xunto con outros amigos, achégamonos para ver se podiamos facer unha resencia e a presentamos co gancho de que ao rematar faríamos alí o encontro de laboratorios. E ao final, despois de moitos meses de ir e vir, aceptaron, e deixáronnos un espazo dentro dos Estudios Churubusco, un espazo grande… Así que convocamos a amigos cieneastas e artistas que puideran estar interesados nesta residencia, que consistía en ir alí e pasar o tempo que precisaras para facer o teu proxecto, e cada quen tiña liberdade para escoller o seu. De alí saiu de todo: documental, ficción, experimental, manuais de uso de herbas medicinais… cada quen participou en función dos seus intereses, como quixo e durante o tempo que pudo.
Morris Manuel Trujillo: E un pouco a idea era tamén reflexionar acerca de como foi morrendo esta industria cinematográfica, e como o laboratorio de Churubusco era unha especie de espazo fantasma onde os traballadores xa non tiñan realmente nada que facer. Entón o feito de rexistrar, de traballar con eles era tamén un dos obxectivos, moitos dos traballos tiñan que ver co desexo de darlle vida ao espazo, os traballadores, que teñen unha bagaxe incrible de coñecementos que xa non se valoran. E a partir do LEC si que houbo un pouquiño de vida aí. Duró uns meses, pero eles mesmos emocionábanse vendo que a xente seguia filmando, que os tolos seguian filmando, porque alí chegaban todo tipo de proxectos. Para nosotros é algo vivo, pero eles si que tiñan ese sentimento de que toda a súa bagaxe estaba a morrer. Así que foi algo moi lindo tamén nese sentido.

PUBLICACIÓNS RECENTES