A nosa entrevista con Prismáticas, o colectivo formado por Pilar Monsell e Aitziber Olaskoaga, comeza cunha performanca da mímica da máquina de coser e do proxector como parte de Principio Máquina de Coser, no que estabelecen un paralelismo entre os traballos fabrís e o labor invisíbel (realizado, en gran parte, por mulleres) das grandes industrias do textil e do cinema.
Gustaríame que faledes un pouco destes xestos que vides de facer para a cámara.
P.M.: O que fixemos é algo que xurdiu no proceso de ensaio e de traballo ao longo destes meses, que consitiu en descubrir as xestualidades que están asociadas ao traballo coa máquina de coser e co proxector teñen moito en común. O proxecto nace a partir dunha primeira intuición do contacto coa máquina: eu escoitei uns sons mentres estaba colaborando nun laboratorio colectivo no que participo. Alí había tamén un grupo de persoas que tiñan unha máquina de coser, e un día alguén púxose a traballar con ela, e facía ruído. E como eu traballo con proxectores, decateime de que os ruídos destas dúas máquinas son moi, moi semellantes.
Quedeime coa idea, e pouco despois lin a Kluge, o seu texto Historias do cinema, ten unha historia que se chama “As tres máquinas do cinema”, e unha das súas partes está dedicada ao principio máquina de coser, ao feito de que un dos seus mecanismos fora tamén o principio do cinematógrafo dos irmáns Lumière. Entón púxeme en contacto con Aitziber e díxenlle que tiña unha idea e que podiamos facela xuntas, porque ela traballaba como proxeccionista. Nosotras coñecéramonos hai tempo xa, e estabamos a facer cousas xuntas. E así foi como comezamos a desenvolver este proxecto.
A.O.: Si, como dixo Pilar, aí foi cando xa comezamos a ensaiar e a relacionar as dúas máquinas entre si, cando comezamos a atopar cada vez máis semellanzas entre elas. Non só os xestos, senón tamén a mecánica, os sons… Tamén o feito de enfiar o fío, enfiar o filme… thread, en inglés, utilízase tanto para enfiar o filme como o fío. Tamén as bobinas, por exemplo, bobinar…
P.M.: Todo iso utiliza o mesmo mecanismo. Ou o obturador. Por exemplo, os mecanismos que fan arrastres circulares o obturador da cámara ou o do proxector, están sempre no mesmo sitio – no lugar no que está a roda que fai xirar a posición da agulla.
Como creastedes un prototipo tanxible para a máquina durante a residencia BAICC?
A.O.: Eu cando cheguei a Toronto pensei… Bueno, esto é moi abstracto, pero eu teño que volver a españa con algo, algo que poida meter nunha maleta, que o poida abrir e que funcione, algo que poida pór en marcha. Entón tiven a sorte de coñecer a dúas persoas marabillosas que traballan con electrónica, programación, que son activistas… E estivemos traballando xuntos prácticamente cinco semanas. E gracias a eles e a todas as ideas que trouxeron ao proxecto, que foron moitas, logramos levar adiante esta máquina.
P.M.: Si, porque nós tiñamos concretado esta idea abstracta cuns plans. Queriamos mesturar algunhas pezas da máquina de coser cun proxector e así mesturar tamén algunhas funcións, por exemplo que o pedal da máquina de coser servise para activar o proxector. Iso era unha misión clave.
A.O.: Cando cheguei o LIFT deixáronme un proxector Singer (ata ese momento non sabiamos que había proxectores de 16 mm da marca Singer) para que fixera cousas con el, porque, segundo eles, non funcionaba, pero despois descubrimos que si. Así que púxenme a traballar con Phil, o meu colaborador, coa idea de vacialo ao máximo para que fose portátil e puidera levalo na maleta. É que ademáis era enorme, e como tiña unha parte de sonido magnético, tiña dous brazos máis aparte dos brazos para a película. Quitamos o motor e puxemos outro máis pequeno, máis lixeiro. A idea tamén era eso, alixeiralo todo o posíbel. Comezamos a meterlle pezas electrónicas, un par de Arduinos… quitamos a lámpada e puxemos un led (iso foi bastante complicado) e despois cambiamos o pedal.