HELENA GIRÓN E SAMUEL DELGADO
EJERCICIOS DE ESCUCHA · 2
Xoves 3 de xuño | 23:00 h | Fundación Luis Seoane | Reserva aquí a túa entrada gratuíta
¿Por que os sons non poden ser visibles?
¿Non causaría a retroalimentación do oído ao ollo unha oscilación fatal?
Pauline Oliveiros
Helena Girón e Samuel Delgado, a quen lles dedicamos este ano o noso foco Sinais, tráennos unha performance ligada con fíos telúricos ao traballo fílmico que presentamos, no que as illas Canarias xogan un papel crucial. Girón e Delgado crean nestes Ejercicios de escucha un ambiente inmersivo que describen así:
“A través do oído e da visión, invocaremos un percorrido psicoxeofísico pola illa de Tenerife, traballando con sensores de luz, o campo electromagnético dos proxectores, e gravacións sonoras en fita magnética, nun ritual que nos guíe cara ás profundidades do soño ou do pesadelo”.