JORGE SUÁREZ-QUIÑONES RIVAS + YLIA

DESBORDAMIENTOS

Patio de la Fundación Luis Seoane | Xoves 2 de xuño | 23 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar o aforo | Live streaming AQUÍ

Healing Ray é unha invitación a expoñérmonos simultánea e colectivamente a un raio curador de sons e imaxes. As experiencias vividas de forma colectiva e global durante 2020 levaron a Suárez-Quiñones, artista con formación en arquitectura cuxo traballo xira arredor do cinema, a interesarse polo poder suxestivo das imaxes en 16 mm, tratando de buscar formas de crear unha experiencia de calma e cura no espectador. Esta investigación sobre o poder curativo da imaxe foi o punto de conexión coa música e produtora Ylia, quen estudou, en colaboración con investigadores do CSIC, as propiedades de certos sons capaces de xerar sensacións subxectivas de relaxación. Así, na súa proposta sonora, Ylia explora o efecto dos sons binaurais en relación coas ondas medibles nun electroencefalograma, nun contexto de escoita inmersiva. Unha exploración sensorial colectiva sobre a marcha que nos leva do negro ao branco a través de todo o espectro lumínico, arrolados por correntes sonoras que flúen como ríos. 

Unha investigación producida polo festival RAYO, de Cineteca Madrid, na súa edición do 2021, que pola súa vez puxo en contacto a Suárez-Quiñones e Ylia.

HEALING RAY
Jorge Suárez-Quiñones Rivas | 2021 | España | triple proxección de 16mm | música ao vivo de Ylia | 30 min. aprox.