PAOLA GUZMÁN FIGUEROA
GENERATIONAL TRACES
DESBORDAMIENTOS
Fundación Luis Seoane | Venres 5 de xuño | 23:30 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.
O traballo da artista visual colombiana Paola Guzmán Figueroa móvese nos territorios da memoria interxeracional e as narrativas feministas, tomando experiencias persoais e colectivas para reflexionar arredor da identidade, a transculturalidade e o corpo como arquivo. Nesta performance emprega tres proxectores de 16 mm e unha peza sonora para nos levar por unha experiencia inmersiva que ela mesma describe así:
«Generational Traces explora a natureza ritualista da memoria, os coidados e a migración a través do prisma de catro xeracións de mulleres da miña familia. Neste traballo enrédase literalmente película de 16 mm segundo vou investigando o proceso de producir fotogramas en película analóxica co meu propio pelo. Estes estudos abstractos intercálanse con documentación performativa filmada coa miña avoa, a miña nai, a miña irmá e as miñas sobriñas, xunto con imaxes rodadas por min no mar e en lagos. As vías de auga serven de elemento de conexión entre estas escenas, aludindo á función que desempeñaron a auga e os océanos nas nosas viaxes, desprazamentos e migracións».
(Paola Guzmán Figueroa)
Generational Traces
Paola Guzmán Figueroa | 2025 | Colombia, Finlandia | Performance, tres proxectores de 16 mm, son | 20 min
Deseño de son: Theo af Enehielm
