CLAUSURA

MIWA MATREYEK

Sábado 3 de Outubro | 23:00 h | s8cinema.com
Sábado 3 de Outubro | 23:00 h | Fundación Luis Seoane | Reserva aquí a túa entrada gratuíta

Miwa Matreyek visitounos en 2012 e deixounos pámpanos coas súas performances. Nelas, a súa sombra proxectada interactuaba en directo con animacións, sombras de obxectos e retroproxeccións, nunha coreografía orquestrada ao milímetro. Na súa obra Infinitely Yours, estreada en streaming desde a súa casa en plena corentena, a súa arte multicapa dá un paso máis e trata un tema de alcance universal: o desastre ecolóxico ao que se enfronta o planeta. Na súa emocionante e espectacular performance, que poderemos ver proxectada ao aire libre sobre os muros de distintos puntos da cidade, Matreyek debuxa unha apaixonante historia alegórica sobre as accións humanas que conduciron ao colapso e as dimensións monstruosas do mesmo: o mar cheo de plásticos, as montañas de refugallos do consumo descerebrado… pero sempre deixando aberta unha ventá á esperanza.

Os asistentes a esta sección de Desbordamientos poderán disfrutar dunha maridaxe de arte e cervexa grazas á colaboración de Cervezas Alhambra.