DESBORDAMIENTOS
TÂNIA DINIS
Xoves 1 de Outubro | 21:30 h | Fundación Luis Seoane | Reserva aquí a túa entrada gratuíta
A memoria propia e allea e as súas confluencias, reais ou imaxinadas: ese é o corazón do traballo da portuguesa Tânia Dinis. Desde 2011, Dinis desenvolveu unha obra na que investigación e creación danse a man a través da súa escavación incesante ao redor dos arquivos familiares, tanto persoais como anónimos. Un traballo que se prodigou tanto por formatos expositivos como de performance, e tamén en forma de películas que constrúe a partir de filmacións propias en super 8 e collages de materiais (buscados e/ou atopados) como películas, cartas, fotografías, diapositivas e obxectos de todo tipo. Nesta sesión poderemos ver algunhas das súas películas e a adaptación da súa investigación/performance Álbuns da terra.
LAURA | Tânia Dinis, 2017, vídeo, 10 min.
“Unha película-ensaio a partir dun traballo de investigación e recolección de arquivos fotográficos familiares anónimos. Unha exploración da idea de imaxe, nunha experiencia do tempo que pasou e do tempo que non pasa, e unha memoria que se expande no espazo creando así pequenos momentos narrativos”. (Tânia Dinis)
TERESA | Tânia Dinis, 2017, super 8 a vídeo, 5 min.
“A imaxe fragmentada dun rexistro íntimo. A impresión de momentos esquecidos no tempo pero listos para emerxer do esquecemento, e que permiten construír unha posible historia: a historia que queremos ver”. (Tânia Dinis)
ARCO DA VELHA | Tânia Dinis, 2017, super 8 a vídeo, 4 min.
“A leña ardía ininterrompidamente no lar dese lugar centrífugo cuxos actores daban aínda novos mundos ao mundo, e onde a suor das obras era o zume clandestino dos soños”. (Regina Guimarães)
NÃO SÃO FAVAS, SÃO FEIJOCAS | Tânia Dinis, 2013, super 8 a vídeo, 10 min.
“O conflito xeracional da xente que vive do campo para o campo. A miña avoa e máis eu. A confrontación da imaxe con quen están representados nela”. (Tânia Dinis)
TÂNIA DINIS | PERFORMANCE
ÁLBUNS DA TERRA | Tânia Dinis, 30 min. aprox.
Performance con materiales de archivo.
Una acción performativa a partir de álbumes fotográficos recolectados por la artista, objetos en los que se acumulan las historias y recuerdos de una familia. Un almacén de recuerdos, un recuento autobiográfico compuesto de historias que se pierden con el pasar de los años. Dinis aprovecha las cualidades físicas de las fotografías en ellos contenidas, y los relatos que configuran su secuencia y yuxtaposición para abrir el archivo a una nueva vida de posibilidades.
Os asistentes a esta sección de Desbordamientos poderán disfrutar dunha maridaxe de arte e cervexa grazas á colaboración de Cervezas Alhambra.