A FLOR DO DÍA #3

NATUREZA MORTA

Mércores 30 de Setembro | 18:30 h | s8cinema.com

A flor do día é o nome co que bautizamos unha serie de programas en streaming ao redor do tema desta edición: o xardín segredo e a primavera que non vivimos, pero que recuperamos nesta edición de outono. En cada sesión d´A flor do día veremos un pequeno ramallete de pezas de diversos cineastas que traballan ao redor das flores e o mundo vexetal, precedido dunha presentación rodada en distintos recantos da Coruña.

A natureza desnaturalizada de xeitos diferentes: a ilusión de Erica Sheu, os narcisos en auga de Shiloh Cinquemani e o bodegón animado das ores xeadas de Jodie Mack.

  • NARCISSI | Shiloh Cinquemani, 2012, 16mm, 2 min.

  • TRANSCRIPT | Erica Sheu, 2019, 35mm, 3 min.

  • WASTELAND NO. 2: Hardy, Hearty | Jodie Mack, 2019, 16mm, 7 min.