A FLOR DO DÍA #1

O XARDÍN INTERIOR

Luns 28 de Setembro | 18:30 h | s8cinema.com

A flor do día é o nome co que bautizamos unha serie de programas en streaming ao redor do tema desta edición: o xardín segredo e a primavera que non vivimos, pero que recuperamos nesta edición de outono. En cada sesión d’A flor do día veremos un pequeno ramallete de pezas de diversos cineastas que traballan ao redor das cores e o mundo vexetal, precedido dunha presentación rodada en distintos recantos da Coruña.

ASPARAGUS | Suzan Pitt, 1979, 35mm, 18 min.

Adicamos a primeira entrega d ́A flor do día aos xardíns interiores: faremos unha viaxe alucinante ao intricado xardín da psique e da sexualidade dunha muller, na xoia animada de Suzan Pitt, Asparagus.