BRUNO DELGADO RAMO
FRAME MANOEUVRES TO PORT / PRELIMINARY LOG
Do mércores 2 ao domingo 6 de xuño | 12:00 – 14:00 e 16:30 – 20:00 h | Sala de exposicións PALEXCO
Entorno de proxección / dobre proxección en bucle, película super 8, son magnético
Preliminary log é un entorno de proxección a modo de caderno de bosquexos preliminares do proxecto en desenvolvemento Frame Manoeuvres to Port. Desenvolvido especificamente nos portos de Toronto e da Coruña, presenta dúas investigacións en paralelo, unha sobre a confluencia das paisaxes portuarias de ambas as dúas cidades, e outra acerca dos propios dispositivos de filmación e de proxección centrada na formación dos límites do fotograma e dos bordes da proxección. Equipárase a abertura da película (e o fotograma) á zona de practicaxe dos portos (zonas onde só un experto, o práctico do porto, pode manobrar grazas ao seu coñecemento profundo desas augas). Ambas son áreas acoutadas nas que se levan a cabo manobras. Na mesma liña, a palabra manobra remite tanto ás operacións materiais executadas coas mans coma ás operacións a bordo dunha embarcación.