O CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA EN MÉXICO – CCEMX RENDE TRIBUTO AO (S8)

Ago 5, 2021 | Destacados, Novas

En 2019 con motivo do seu X aniversario o festival deseñaba en colaboración con diversos espazos e institucións, unha xira mundial que permitiu afianzar os seus lazos internacionais e xerar outros novos. Despois do seu paso por Canadá, Serbia e Arxentina, a xira viuse interrompida pola crise sanitaria mundial. Hoxe alégranos anunciar que este agosto retomamos a itinerancia do (S8) en Cidade de México promovida polo Centro Cultural de España en México e a Embaixada de España en México.

Durante os sábados e domingos do 7 ao 29 de agosto de 2021, o CCEMx programará, comisariada polo (S8), unha colección de películas baixo o título ‘Arrebato en Celuloide’ así como un taller online impartido pola cineasta e programadora Elena Duque, que terá lugar -previa inscrición- o 24 e 26 de agosto de 2021.

ARREBATO EN CELULOIDE

Este programa pretende realizar un percorrido ecléctico polas diferentes expresións coas que o formato de 16mm e Super 8 tomaron forma nestes últimos anos en España, nas que se inclúe unha ampla mostra da obra de David Domingo e a súa película “Super 8”, para continuar cun amplo espectro que vai desde a pura abstracción até a narración, o documental e o ensaio, con nomes como Helena Girón e Samuel Delgado, Pilar Monsell, Ton Mejuto, Lucia Vilela, Yonai Boix ou Marcos Flórez, entre outros e que se completa cun taller impartido pola cineasta e programadora Elena Duque onde se profundará nas técnicas e procesos da animación experimental e o collage cinematográfico.

Hoxe en día e en plena obsolescencia do celuloide, o cinema analóxico volve significar un rexurdir de novos soños e ilusións entre novos cineastas que atopan neste cinema pequeno, a maxia do artesanal, un cinema que se pode tocar e manipular coas propias mans.

Case 20 anos despois da película “Arrebato” de Iván Zulueta, en 1996 o artista visual David Domingo, tamén coñecido como Stanley Sunday realiza a súa película “Super 8” e conéctanos de inmediato co legado de cineastas como Andy Warhol, George Kuchar, Kenneth Anger ou o propio Iván Zulueta, inaugurando unha nova era do cinema en celuloide feito en España. 

PROGRAMA 1:  7 e 8 de agosto

  • QUIASMA (TONO MEJUTO, 2017) 16MM A VÍDEO, SON. 12 MIN.
  • FUERZAS INVISIBLES (MARCOS FLÓREZ, 2017) SUPER 8 A VIDEO, SON. 4 MIN.
  • #005 (YONAI BOIX, 2021) SUPER 8 A VIDEO, SILENTE. 3 MIN.
  • IR E VIR (MIGUEL MARIÑO, 2016) 16MM A VÍDEO, SONIDO. 11 MIN.
  • TOXOS E FLORES (LUCIA VILELA, 2015) SUPER 8 A VIDEO, SON. 5 MIN.
  • COLECCIÓN PRIVADA (ELENA DUQUE, 2020) SUPER 8 A VIDEO, SILENTE. 13 MIN.
  • COMO DESAPARECER (CARLOS MARTÍNEZ-PEÑALVER, 2018) 16MM A VÍDEO, SON. 5 MIN.e

PROGRAMA 2:  14 e 15 de agosto

HELENA GIRÓN E SAMUEL DELGADO

Dúo artístico que baixo o nome, A Banda Negra, indaga no seu cinema as relacións entre mitoloxía, materialismo e percepción desde as texturas dun 16 mm que envellece, pero segue latexando con forza a pesar do tempo. As súas películas e instalacións foron programadas en festivais internacionais como: Toronto International Film Festival, Festival del film Locarno, New York Film Festival, Festival de San Sebastián, Mar del Plata, e International Film Festival Rotterdam, entre outros.

  • SIN DIOS NI SANTA MARÍA (2015) 16MM A VÍDEO, SON. 11 MIN.
  • MONTAÑAS ARDIENTES QUE VOMITAN FUEGO (2016) 16MM A VÍDEO, SON. 14 MIN.
  • PLUS ULTRA (2017) 16MM A VÍDEO, SON. 13 MIN.
  • IRMANDADE (2019) 16MM A VÍDEO, SON. 9 MIN.

PROGRAMA 3: 21 e 22 de agosto

PILAR MONSELL

Cineasta, licenciada en Comunicación Audiovisual e máster en Documental de Creación pola UPF (Universidade Pompeu Fabra de Barcelona). Combina o seu labor como directora coa docencia e o guión e montaxe cinematográfica. No seu cinema explora narrativas que habitan os procesos de mobilización e a acción colectiva desde unha perspectiva feminista. As súas obras víronse en festivais como Doc Lisboa, o Festival de Málaga ou L’Alternativa de Barcelona, entre outros.

  • LAS FLORES NO QUIEREN VIENTO (2016) 16MM A VIDEO, SON. 9 MIN.
  • DOS SUEÑOS DESPUÉS (2017) 16MM Y SUPER 8 A VIDEO, SON. 18 MIN.
  • UNA REVUELTA SIN IMÁGENES (2020) 16MM A VIDEO, SON. 14 MIN.

PROGRAMA 4: 28 e 29 de agosto

DAVID DOMINGO

David Domingo, é un dos renovadores do cinema experimental en España, continuador do legado de Iván Zulueta e referencia absoluta do cinema analóxico en Super 8 e 16mm (formato no que rodou as súas primeiras películas), é dono dun imaxinario único no que conflúen referencias pop, experimentos visuais de todo tipo, animacións (desde o stop motion até as súas últimas creacións en 3D), épica doméstica, sentido do humor e unha cegadora e colorista estética. Foi seleccionado para formar parte do ciclo itinerante “Del éxtasis al arrebato. 50 años del otro cine español”, organizado polo CCCB. Proxectou os seus films en espazos como o Anthology Film Archives de N.Y, L.A. Filmforum ou o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico de Coruña.

  • SUPER 8 (1996) SUPER 8 A VIDEO, SON. 8 MIN.
  • DESAYUNOS Y MERIENDAS (2002) SUPER 8 A VIDEO, SON. 8 MIN.
  • SOUND OF THE SUN (2011) SUPER 8 A VIDEO, SON. 4 MIN.
  • PELÍCULA SUDOROSA. PARTE I Y II (2009). SUPER 8 A VIDEO, SON. 22 MIN.
  • A MOVIE THAT PORTRAYS THE WONDERS OF THE WORLD AS SEEN THROUGH THE EYES OF A CAT (DISNEY ATTRACTION HIGHLIGHTS Nº 1) (2009) SUPER 8 A VIDEO, SON. 6 MIN.

TALLER ELENA DUQUE: 24 e 26 de agosto

ANIMAR O ARQUIVO (4h). Peche de inscripcións: 15 de agosto

Utilizando o traballo de diversos cineastas e artistas a modo de exemplo e inspiración, exploraremos as posibilidades expresivas do inanimado utilizando técnicas como o stop motion ou a rotoscopia, aprendendo así a explotar o potencial de animación oculto en cada imaxe.

Para poder desenvolver animacións propias a partir dos coñecementos impartidos no taller, recoméndase aos participantes contar ou ben cun smartphone coa aplicación gratuíta Stop Motion Studio, ou ben cunha cámara dixital e algún programa de edición básico.

MÓDULO 1: A ANIMACIÓN: ALGÚNS PRINCIPIOS E IDEAS.

Neste apartado examinaremos os principios da animación e aprenderemos algunhas técnicas básicas para empezar.

MÓDULO 2: COLLAGE ANIMADO: POSIBILIDADES DE TRABALLO CO ARQUIVO EN PAPEL.

A partir dalgúns exemplos (desde Vanderbeek a Breer, pasando por Jodie Mack e Kelly Gallagher), veremos maneiras posibles de afrontar a animación de materiais en papel a través de diversas ideas en torno ao collage animado.

MÓDULO 3: SÍNDROME DE DIÓGENES: ANIMAR CON OBXECTOS.

Partindo da idea das caixas de Cornell, e atravesando o traballo de artistas como Paul Bush e Janie Geiser, examinaremos as distintas formas de dar un sentido a coleccións de obxectos variados.

MÓDULO 4: XERACIÓN YOUTUBE: ANIMAR A partir de IMAXES EN MOVEMENTO.

Neste módulo aprenderemos unha técnica básica de animación con rotoscopia, a partir da cal se pode “calcar” ou intervir materiais de vídeo atopados ou propios. Veremos tamén algúns exemplos da aplicación práctica desta técnica, como é o caso do traballo de Jeff Scher.

PUBLICACIÓNS RECENTES