RESIDENCIAS BAICC – ALVARO FELDMAN

DESBORDAMIENTOS

Patio da Fundación Luis Seoane | Xoves 1 de xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar o aforo.

TORONTONTERO
Álvaro Feldman, 2023, España, Canadá, performance 16mm, 30 min.

Partindo de varios loops sonoros e fílmicos, Torontontero configura unha performance na que a montaxe se estrutura a través dos encontros desas órbitas en bucle, buscando unha forma múltiple e única de compartir a experiencia vivida na cidade canadense, durante un período de residencia no LIFT. 

A película explora técnicas como a copia óptica e por contacto, o revelado artesanal ou o traballo con son magnético, para introducir variacións sobre padróns que xeran un ritmo visual e auditivo.