BECAS eSe8_LAB – HELENA ESTRELA
DESBORDAMIENTOS
Patio da Fundación Luis Seoane | Xoves 1 de xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar o aforo.
Todo va a fallar é unha película sobre o sol e a experiencia de observalo. A film performance inspírase nunha busca aparentemente imposible de ceos despexados durante o inverno letón e nunha lista dos corenta e un días do ano considerados como de mala sorte e infertilidade, nos que se cre que todo o que se tente facer estará destinado ao fracaso. A través dunha exploración intensiva do sol, a película convértese nun xogo de sorte e azar no que se entrelazan as persoas e as paisaxes, así como a dualidade entre a realidade e o artificio.
En colaboración con Ângela Ramos, Cristopher Ruiz, Inês Lima, Maria João Moura, Maria Pipla e alumnos da escola primaria de Manteigas.
TODO VA A FALLAR / EVERYTHING WILL FAIL
Helena Estrela, 2023, España, Letonia, Portugal, 16 mm con son en vivo, 15 min
![helena 3](https://s8cinema.com/wp-content/uploads/2023/05/helena-3.jpg)
![helena 2](https://s8cinema.com/wp-content/uploads/2023/05/helena-2.jpg)
![helena 1](https://s8cinema.com/wp-content/uploads/2023/05/helena-1.jpg)