JOHN PRICE & TORSO: THERE IS A LIGHT AT THE TOP OF THE TOWER!!
DESBORDAMIENTOS
Patio da Fundación Luis Seoane | Venres 2 de xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar o aforo.
A Torre de Hércules!! Construída polos romanos no século I para substituír os lumes que se acendían ao longo dos cantís da Costa da Morte co fin de advertir os mariñeiros dos perigosos bancos de area. Foi innovador, pero os romanos morreron. A súa estrutura permaneceu, mais ficou abandonada. Moitos séculos despois, cando se restaurou a navegación, a torre foi restaurada! Instalouse unha lente enorme, que flotaba en mercurio líquido e que amplificaba a luz dunha lámpada de aceite a dez millas cara ao mar aberto! En 1799 isto era tecnoloxía avanzada e pura maxia, e salvou a alma de innumerables mariñeiros. Pero os tempos mudan. O GPS e os sistemas dixitais alteraron a maneira en que vivimos… A maneira en que navegamos os océanos do espazo exterior… A maneira en que recollemos e gardamos imaxes… E, cada vez máis, a maneira en que lembramos. Rodada en 16 mm ao longo de tres anos, no interior e no exterior dun faro do leste de Canadá, e presentada á sombra do faro máis antigo do planeta, There Is Light at the Top of the Tower!! é unha celebración da beleza das primeiras tecnoloxías analóxicas e da súa maxia espectral. (John Price)
THERE IS A LIGHT AT THE TOP OF THE TOWER!!
John Price, Canadá, 2023, performance dupla proxección de 16mm, son en vivo de Iban Pérez, 45 min
A sonorización da peza correrá a cargo de Torso, o proxecto de música electrónica de Ibán Pérez, multiinstrumentista galego (The Gentle Wire, Fee Rega, Tut Vu Vu etc.) e dono do estudo de gravación Terraforma. A música de Pérez, cargado con sintetizadores analóxicos, caixas de ritmos e un secuenciador, está marcada por unha rítmica forte e melodías cruzadas que van desde paisaxes sonoras con influencias do cinema dos 70 e 80 a un electro intenso e sempre evolutivo. Desta volta, escoitaremos o lado máis reservado e calmo do son de Torso a acompañar as imaxes de Price.