MESA PROXECTA: A SOSTIBILIDADE NOS FESTIVAIS

OBSERVATORIO

Sala de Prensa Afundación | Sábado 27 de maio | 12:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar o aforo. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.

A repercusión dos festivais na sociedade e na contorna é unha realidade. Toda acción que se leva a cabo xera un impacto inevitable no medio ambiente, na poboación e na economía. Ano tras ano, a conciencia no ámbito cultural respecto á sustentabilidade vai en aumento e vese reflectida na forma de facer os eventos. É por iso polo que cada vez se toman máis medidas para reducir a pegada que deixamos e nos concienciamos sobre os efectos das nosas actividades. Na Mesa Proxecta trataremos estas medidas que se están a levar a cabo, as dificultades que os festivais atopan para as poñer en práctica e como se avanza na súa consecución a medida que todos os implicados toman conciencia.

PARTICIPAN

  • María Baqueiro, coordinadora do Pacto Cultura Sustentable de Galicia

  • Luis Campos, director do Festival Sinsal

  • Nerea Lores, codirectora do FICBUEU (Festival Internacional de Cinema de Bueu)

  • Marcos Gallego, director da Mostra Mares da Fin do Mundo

  • Ana Domínguez, codirectora do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico