NICOLE REMY

DESBORDAMIENTOS

Patio da Fundación Luis Seoane | Xoves 6 xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade.

 

A artista peruana asentada en Madrid Nicole Remy foi beneficiaria dunha bolsa eSe8_Lab, grazas á cal viaxou ao Lanolab, en Daylesford (Victoria [Australia]), para completar o seu traballo con cámaras de Super 8 estenopeicas, que hoxe presenta en formato performance.

CON CERTA LUZ
Nicole Remy | 2024 | Australia, España | Performance en Super 8 e 16 mm | 22 min

Converter a man nunha cámara de cine, con motor e obturador. Durante a miña estadía en Nanolab puiden profundar na creación de cámaras pinhole en carretes de Super 8 xunto a Dianna Barrie e Richard Tuohy. Filmei varios percorridos desde a miña cabana cara ao bosque que me rodeaba e rexistrei o son que me acompañaba cunha gravadora de casete. Ambos os aparellos teñen unha mecánica circular, o que deu como resultado a experiencia cíclica e constante de captar a imaxe e o son a través do propio corpo. 

Nicole Remy