GAËLLE ROUARD

DESBORDAMIENTOS

Patio da Fundación Luis Seoane | Sábado 8 xuño | 23:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar capacidade.

 

Tres películas de Gaëlle Rouard en proxeccións nas que a artista intervén en directo.

HOLY ROTORS
Gaëlle Rouard | 2016 | Francia | 16 mm | 6 min

Antes estaban a rotar; despois rotan.

UNTER
Gaëlle Rouard | 2011 | Francia | 16 mm | 20 min

O mar fai escuma e burbullas. Gris branco deprimente por todas as partes. 

Simas e montañas. Auga…, só auga! E nada que a absorba toda! 

Outra sacudida demoledora. Breve mirada do xefe arredor de si. A agulla avanza impertérrita. 

Primeiro o sonar! 

Inmersións e prata nas profundidades; alzarse cara á luz e o xeo. Gaëlle Rouard está ao temón do barco. Seguiu o seu ollar.

LES NOCES ROMPUES
Gaëlle Rouard | 2014 | Francia | 16 mm | 25 min

A calor ascende cara ao ceo. 

A mosca enfróntase ao seu final. 

Esténdese por pontes ou atravesa fontes secas. 

Xordos quedaron os grévoles. 

Boca negra, gorxa seca. 

Enchoupan a terra ata os ósos, 

como tenreira lobo trigo caídos. 

Valiño baixo a chuvia, 

farol nunha unlla. 

Lobo cola fin lobo 

pronto xacente e oculto. 

Que cadaquén siga a observar a outro.