KENNETH ANGER: COMO FIXEN LUCIFER RISING

Mai 31, 2024 | Artigos, Destacados

Entrevista de Chris Michael

O director do clásico do oculto de 1966 fala de como un masacre antibritánico lle serviu para pagar a película e do que esta lle debe a Jimmy Page e a un feixe de asasinos convictos.

Esta foi a primeira gran película sobre maxia negra ou maxia branca ou como lle queiras chamar. Eu son membro de OTO (Ordo Templi Orientis), unha orde oculta fundada polo xenio británico Aleister Crowley, quen foi difamado pola prensa sensacionalista. Lord Beaverbrook, o idiota de dereitas de The Express, vendeu periódicos a moreas chamándolle satanista a Crowley, con titulares como «O home que queremos colgar», para provocar a xente e que o asasinasen. Coma se Crowley fose o sacaúntos, o cal era inxusto; escribiu libros e poesía marabillosos. A lord Beaverbrook encantáballe chamarlle caníbal a Crowley: comer seres humanos dá bos titulares, e Crowley non podía contraatacar.

Lucifer Rising ía duns deuses exipcios que invocaban o anxo Lucifer para abrir paso a unha nova era do oculto, de acordo cos principios de OTO. Recurrín a algúns enganos para a rodar en Exipto. Dixen que estaba a facer un documental sobre as crenzas do antigo Exipto e que necesitaba rodar nas localizacións reais: fronte á Esfinxe; en Karnak; ao longo do Nilo, onde un atopa fermosos templos en ruínas. As autoridades tragárono. 

Eu tirara fotografías do Sábado Negro, as revoltas antibritánicas que se produciron no Cairo en 1952. Cando queimaron o Hotel Shepheard, filmei xente saltando das fiestras e que era masacrada na rúa; cortáronlles as pernas con espadas e deixáronos morrer desangrados porque eran británicos. Vendinlle esas imaxes ao Picture Post, co cal paguei a viaxe. 

Marianne Faithfull [a estrela da película, que interpretou a deusa Lilith] di que a hipnoticei e que a obriguei a facer cousas en contra da súa vontade. Non tal. Cando a levei a Exipto, era adicta á heroína e tivo a cara de levar unha pouca no estoxo de maquillaxe, debaixo dos pos faciais, de tal xeito que parecía simplemente outro tipo de po. Se a detivesen ou a descubrisen, fusilaríannos a todos; esa era a pena naquela altura. Eu penso que todas as drogas son muletas: non che fan falta para ser creativo. Lucifer Rising non é psicodélica, é unha película de Kenneth Anger. É o meu estilo. Eu nunca dixen que había que tomar LSD antes de a ver, iso é mentira; inventouno un periódico. 

Bobby [Beausoleil, que actuou no filme e escribiu a banda sonora] era un bo rapaz que se botou a perder; era Escorpión. Foi o meu protexido aos 19 anos, idade que se achega á maioría legal de 21 anos pero non o é. Noutras palabras, vivía comigo nun apartamento de seu no sitio ao que lle chamaban a Embaixada Rusa, ese magnífico edificio vitoriano de listóns de madeira que hai preto de Haight-Ashbury, en San Francisco. Estaba nun grupo que se chamaba Love, tiña o pelo polos ombros e ollos moi azuis e as rapazas chamábanlle Cupido; sempre levaba un sombreiro de copa vello, que era parte do seu personaxe. Deu feito algunhas gravacións, antes da traxedia.

Bobby mentiume e logo cometeu un erro terrible. Díxome: «Kenneth, preciso 700 dólares». Nos sesenta, iso eran moitos cartos. Díxome que eran para comprar amplificadores cos que actuar. Volveu un paquete grande envolto en plástico negro, que dei por suposto que eran altofalantes. Logo saíu e reparei en que o seu can andaba a ulir nel. Así que o cortei por unha esquina e, mira ti, tratábase dun quilo de marihuana. Cando volveu, recollín o paquete e díxenlle: «Colle a marihuana do carallo e arreando de aquí». A seguinte vez que o vin, estaba no corredor da morte por asasinar un músico baixo as ordes de Charles Manson. Manson realmente nunca matou a ninguén el mesmo; simplemente lles lavou o cerebro a aquelas rapazas e a Bobby, que eran como os seus zombis, para que matasen eles. Manson era un tipiño raro, un anano, moi baixo. O bo de que estea no cárcere é que, como lles ten pánico aos dentistas, todos os dentes, un por un e un tras doutro, lle podreceron e lle caeron. Meréceo, é malvado e deberon executalo. Arruinou a Bobby por completo: a Bobby non lle pasaría nada se non coñecese a Manson.

Mais Bobby foi o causante da situación na que el mesmo acabou. Non tiña que aceptar a invitación a mudarse coas rapazas. A furgoneta avarióuselle diante do rancho Spahn [da Familia Manson], coma se fose algo predestinado polo mesmo Satán, e as mozas saíron e dixeron: «Vaites, es bonitiño, por que non te mudas connosco?». Así que Jimmy Page fixo algunha música no canto del. É un amarrado, o que é unha cousa feísima; nin sequera pagaba o xantar. De maneira que lle dixen: «Pero non é ridículo que sexas tan agarrado?». E iso, claro, ofendeuno. Ía colocado de heroína todo o tempo; eu odio eses xonquis porque os ollos se lles poñen vidrosos e o que din non ten sentido porque perden o fío. Dixen: «Vale, Jimmy, preciso exactamente corenta minutos». Mais só me deu vinte. Retruqueille: «E que queres que faga, que a poña dúas veces? Preciso corenta minutos! Preciso un clímax! Oíches, que [a película] é a fin e o principio do mundo; tes que darme música grandiosa!». 

Ao final, leveille a Bobby unha gravadora de casete ao cárcere. El reuniu outros doce asasinos que antes foran músicos; na cadea hai moitos músicos que se meteron a vender droga, pero quero dicir que aínda sabían tocar. Así que gravei a Bobby tocando coa «orquestra dos asasinos». Bobby dixo que quería chamarlle ao seu grupo The Powerhouse of Oz. Díxenlle: «Non podes, porque Oz significa cabra en hebreo. Aínda que non violas os dereitos de autor do libro de Oz de L. Frank Baum, porque Baum era un ocultista secreto e os libros de Oz están cheos de pequenas brincadeiras secretas para a xente que entende de maxia». 

Interview by Chris Michael

PUBLICACIÓNS RECENTES