XORNADAS DE CINEMA PARA CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO
DIDÁCTICA
Durante os últimos anos, o (S8) inclúe na súa programación previa aos días da Mostra unhas xornadas de cinema para centros públicos de ensino co obxectivo de ampliar o radio de acción do festival e, así, afianzar o seu compromiso coa formación e creación de novos públicos.
Nos meses de maio e xuño de 2026, o museo Domus-Casa do Home da Coruña acolleu varios programas especiais para centros públicos de diferentes cidades de Galicia. Un ciclo de proxeccións para nenas e nenos de entre 8 e 16 anos composto por catro sesións en versión orixinal, con películas cuxa temática se move entre o social e o coidado do medio natural, e no que se mostran tamén obras de narrativa experimental. A través destas películas bríndaselles a ocasión aos novos espectadores de coñeceren outras linguaxes do cinema.
Nestas sesións ten un lugar especial o cinema feito en Galicia, coas seguintes películas:
El cochecito
Anónimo | 1952 | Galicia | 16 mm | 3 min
Auriga
Anónimo | 1955 | Galicia | 16 mm | 3 min
Matías
Sandra Sánchez | 2015 | Galicia | Dixital | 10 min
Ven a Bens
Sandra Sánchez | 1992 | Galicia | Dixital | 14 min
Lavado de cara
Xosé González | 2007 | Galicia | Dixital | 4 min
Ñam
Elena Duque | 2014 | España | Dixital | 2 min
Bajo la almohada
Isabel Herguera | 2012 | España | Dixital | 8 min
Cómo hacer un fanzine
Elena Duque | 2010 | España | Dixital | 2 min
La mar salada
Elena Duque | 2014 | España | Dixital | 3 min
Ás sesións do 7, 14, 20 e 28 de maio asistiron máis de trescentos alumnos e alumnas, e tamén se gozou da presenza de Sandra Sánchez.
As xornadas contaron este ano coa participación dos seguintes centros: CEIP José Cornide Saavedra, CEIP Ramón de la Sagra, IES Rafael Dieste, CEIP Concepción Arenal, CEIP de Gándara- Sofán, IES Ramón Menéndez Pidal, CEIP Curros Enríquez e CEIP Plurilingüe San Pedro Dde Visma.
