LOS CABALLOS DE DÜSSELDORF
FITY FIFTY
DESBORDAMIENTOS
Fundación Luis Seoane | Jueves 4 de junio | 23:30 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar aforo. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección.
Los Caballos de Düsseldorf (o Burro Ácrata e a Mulasaña, tamén coñecidos como Olaf Ladousse e Carmen Espina Flórez) levan xa décadas a facer música excéntrica e ruidista a base do que eles mesmos bautizaron como doorags, que son xoguetes e todo tipo de aparellos apañados no mercado e no lixo aos cales lles modifican os circuítos e que logo amplifican para extraer todo o seu potencial sonoro. Nesta ocasión tráennos Fifty Fifty, película en Super 8 en que filman unha metade do cadro na natureza para despois rebobinar o cartucho (nese mesmo espírito de desmontar, modificar e xogar dos doorags) e filmar elementos da cidade na outra metade. Galopando virán dende Madrid, ademais, para sonorizar en directo o seu filme.
Fifty Fifty
Los Caballos de Düsseldorf | 2025 | España | Super 8 dixitalizado sonorizado en directo | 20 min
