PROXECTA CONSTRÚEEn colaboración con Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña organiza un encontro xunto aos responsables de diferentes festivais de cinema en Galicia, onde debater sobre os xeitos de programar, as estratexias, obxectivos e as dificultades e retos aos que se enfrontan actualmente os equipos de programación dos festivais.
Proxecta é unha asociación sen ánimo de lucro que aposta pola defensa e posta en valor dos festivais, mostras de cinema, e eventos audiovisuais de Galicia, así como pola promoción dos contidos e valores artísticos e culturais que estes impulsan.
 
Sábado 01/06 | 16:30 h | Afundación Sala de Prensa